A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia adxudica os contratos para a redacción de proxectos de 167 vivendas de promoción pública en Ferrol e Vigo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A conselleira María M. Allegue presidiu hoxe o consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), que acordou adxudicar en Ferrol a redacción dos proxectos de 124 vivendas, en dous grupos de 75 e 49
  • En Vigo son 43 vivendas as incluídas no contrato de redacción do proxecto
  • O consello tamén autorizou a convocatoria dun proceso selectivo por concurso-oposición para a cobertura dos postos de 4 arquitectos, 2 técnicos xurídicos e 2 administrativos para completar o cadro de persoal, que contará con 26 persoas
Imagen del artículo A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia adxudica os contratos para a redacción de proxectos de 167 vivendas de promoción pública en Ferrol e Vigo
Santiago de Compostela 13 de febreiro de 2025

A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), dependente da consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas acordou a adxudicación da redacción dos proxectos e dirección de obra para a construción de 167 vivendas de promoción pública en Ferrol e Vigo.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, presidiu hoxe esta reunión na que se acordou a adxudicación da redacción dos proxectos e dirección de obra de 124 vivendas de promoción pública que a empresa construirá no polígono de O Bertón, en Ferrol, nas parcelas 11 e 13.

Por unha parte, acordou adxudicar a Muñiz Mas Alfaya S.L.P. a redacción do proxecto de 75 vivendas de promoción pública na parcela 11 do Bertón, por un importe de 341.800 euros máis IVE.

En canto ao proxecto das 49 vivendas da parcela 13, será adxudicado á UTE Anta-Bog Bertón 13, por importe de 271.900 euros máis IVE.

O consello tamén acordou adxudicar a redacción do proxecto e dirección de obra para a construción de 43 vivendas de promoción pública na parcela M-IVA-15 de San Paio de Navia, que será redactado por Naos 04 Arquitectos S.L.P. O contrato adxudícase por importe de 240.000 euros máis IVE.

Cesión de solo municipal

No consello de administración tamén se deu conta das xestións que se están a realizar para a cesión de solo por parte dos concellos para a construción de vivendas de promoción pública por parte de Vipugal.

A presidenta da sociedade, María M. Allegue, informou que se está a negociar a cesión de parcelas de solo urbanizado con seis concellos que aceptaron realizar dita cesión. Estes concellos son os da Coruña, Santiago de Compostela, Teo, A Estrada, Pontevedra  e Lalín.

Estímase que os solos que cedan os concellos poderían permitir a construción de arredor de 315 vivendas de promoción pública por parte da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia.

Selección de persoal

Ademais, o consello autorizou a convocatoria dun proceso selectivo por concurso-oposición para a cobertura dos postos de catro arquitectos, dous técnicos xurídicos e dous administrativos para completar o cadro de persoal da sociedade, que contará con 26 persoas.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 13/02/2025
903771 {"title":"A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia adxudica os contratos para a redacción de proxectos de 167 vivendas de promoción pública en Ferrol e Vigo","published_date":"2025-02-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"903771"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-02-13/903771-sociedade-vivenda-publica-galicia-adxudica-os-contratos-redaccion-proxectos-167-vivendas-promocion-publica-ferrol-e-vigo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.