A Xunta exixe ao Goberno central a rectificación do visor que considera o 100% do territorio galego como sensible á implantación de proxectos eólicos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Ángeles Vázquez explica que de aplicar en Galicia a zonificación orientativa ambiental para o desenvolvemento de proxectos eólicos, practicamente non se podería instalar ningún parque eólico na Comunidade
  • Fai fincapé en que o TSXG está a facer unha mala interpretación desa ferramenta e utilízaa como argumento para suspender a autorización ambiental de 77 proxectos
  • Solicita que a zonificación do Ministerio aplique os criterios establecidos pola Xunta, que indican que no 78% do territorio xa non se poden instalar parques eólicos.
  • A conselleira tamén reclama a retirada o lobo da Listaxe de especies silvestres de réxime de protección especial porque esa inclusión respondeu a criterios culturais e razóns ideolóxicas, pero non a aspectos obxectivos
  • Subliña que o numero de exemplares falecidos por ataques desta especie ao ano se incrementou nun milleiro ao pasar dos arredor de 2.200 animais mortos en 2020 a máis de 3.200 en 2024
Imagen del artículo A Xunta exixe ao Goberno central a rectificación do visor que considera o 100% do territorio galego como sensible á implantación de proxectos eólicos
Madrid, 13 de febreiro de 2025

A Xunta exixiu hoxe ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a rectificación do visor que considera o 100% do territorio galego como sensible á implantación de proxectos eólicos.

Durante a súa intervención na Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, explicou que de aplicar en Galicia a zonificación orientativa ambiental para o desenvolvemento de proxectos eólicos deseñada polo Goberno central, practicamente non se podería instalar ningún parque eólico na Comunidade.

Ademais, logo de incidir en que a función desa zonificación é meramente orientativa, a conselleira fixo fincapé en que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) está a facer unha mala interpretación e utilízaa como argumento para suspender a autorización ambiental outorgada pola Administración autonómica. De feito, 77 dos 92 proxectos afectados na actualidade por recursos xudiciais foron suspendidos en base a esa zonificación.

Cómpre lembrar que a zonificación é unha ferramenta informativa que describe a hipotética presencia de hábitats en determinadas áreas que abarcan toda Galicia, pero que non ten carácter vinculante porque na tramitación da correspondente declaración de impacto ambiental xa se descarta a súa presencia.  

Por iso, a conselleira defendeu a rectificación deste visor porque, ademais de non cumprir a función para a que se deseñou, está a dificultar que a Comunidade avance cara á descarbonización e á neutralidade climática. Nesa liña, solicitou que a zonificación do Ministerio aplique os criterios establecidos pola Xunta, que indican que no 78% do territorio xa non se poden instalar parques eólicos.

Retirada do lobo do LESRPE

Por outra banda, durante a súa intervención, Ángeles Vázquez tamén reclamou ao Ministerio que retire xa o lobo da Listaxe de especies silvestres de réxime de protección especial (LESRPE) para garantir o equilibrio entre esta especie e o sector gandeiro.

Nesa liña, logo de lamentar que a ministra rexeitase ter unha reunión sobre esta cuestión, a conselleira incidiu en que inclusión do lobo no Lesrpe respondeu a criterios culturais e razóns ideolóxicas, pero non a aspectos obxectivos.

De feito, os datos avalan a solicitude de Galicia de rebaixar o nivel de protección desta especie. Así, desde a inclusión do lobo no Lesrpe, en setembro de 2021, en Galicia os avisos por ataques incrementáronse nun 72% e o número de reses afectadas sufriu un aumento dun 57%.  Máis polo miúdo a conselleira explicou que o numero de exemplares falecidos por ataques desta especie ao ano se incrementou nun milleiro ao pasar dos arredor de 2.200 animais mortos en 2020 a máis de 3.200 en 2024. "Isto supón que cada día o lobo mate nove animais", subliñou.

A maiores, os datos do censo elaborado pola Xunta estiman que a poboación desta especie se mantén estable na Comunidade con arredor de 93 mandas, polo que o Goberno galego considera que o estado do lobo non é desfavorable. Ademais, o Comité Permanente do Convenio de Berna do Consello de Europa coincide coa postura de Galicia xa que aprobou a proposta para cambiar o status internacional do lobo de estritamente protexido a protexido.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 13/02/2025
903769 {"title":"A Xunta exixe ao Goberno central a rectificación do visor que considera o 100% do territorio galego como sensible á implantación de proxectos eólicos","published_date":"2025-02-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/156978-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"903769"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-02-13/903769-xunta-exixe-ao-goberno-central-rectificacion-do-visor-considera-100-do-territorio-galego-como-sensible-implantacion-proxectos-eolicos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.