A Xunta mobiliza xa máis de 200 M€ en licitacións para a construción de máis de 2.000 novas vivendas públicas

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Allegue anunciou que a partir de marzo se ampliará o Aval para que os adquirentes dunha vivenda protexida, sen límite de idade, accedan ao préstamo hipotecario polo 100% do prezo da vivenda, compatible tamén coas axudas a adquisición
  • Detallou que onte rematou o prazo no que a Xunta recibiu 26 ofertas para redactar os Proxectos de Interese Autonómico para desenvolver solo para as primeiras 15.000 vivendas previstas en Vigo, Pontevedra, Santiago, Ourense, Lugo, Coruña e Arteixo
  • Subliñou que os Orzamentos da Xunta deste ano reservan 240M€ nos que se triplica a partida destinada a vivenda pública e solo residencial
  • Remarcou que o Programa Rexurbe, dotado de 7M€, permite rehabilitar inmobles en Betanzos, Ferrol, A Coruña, Mondoñedo, Viveiro, Vilalba, Ourense, Tui e Ribadavia e Ribadeo, que darán como resultado novas vivendas públicas
  • Apuntou que a Xunta activou medidas excepcionais e modificacións lexislativas e fiscais para axilizar trámites para nova vivenda, incentivar a rehabilitación ou reducir taxas e custes tributarios
Imagen del artículo A Xunta mobiliza xa máis de 200 M€ en licitacións para a construción de  máis de 2.000 novas vivendas públicas
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2025

A Xunta mobiliza xa máis de 200€ en licitacións para a construción de máis de 2.000 novas vivendas públicas.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia, onde explicou que estes fogares se despregan en concellos coas maiores bolsas de demanda. Concretou que 832 teñen xa a obra licitada, e algunhas delas xa adxudicada ou en execución; 982 teñen o proxecto licitado; e outras 268 están a piques de licitarse nas vindeiras semanas.

Subliñou que se trata de novas vivendas públicas ás que se sumarán as procedentes de rehabilitación. A este respecto, o programa Rexurbe, cun orzamento de 7M€ posibilita recuperar vivendas na Coruña, Betanzos, Ferrol, Viveiro, Ourense, Ribadeo, Ribadavia ou Tui.

Fixo fincapé na aposta histórica da Xunta pola vivenda, tal como amosan os Orzamentos deste ano, que reservan 240M€ nos que se triplica a partida destinada a vivenda pública e solo residencial, pasando de 46M€ a 126M€ en 2025

Sinalou que estas cifras posibilitan avanzar no reto desta lexislatura, que é duplicar as vivendas públicas ata as 8.000 e facilitar solo para a construción de 25.000 novas, 20.000 delas protexidas.

Axudas á adquisición e alugueiro

A conselleira remarcou que a Xunta tamén destina este ano máis de 30M€ a cinco liñas de axuda tanto para alugueiro como para adquisición de vivenda.

Cómpre lembrar que recentemente o Goberno galego convocou por 3,8M€ axudas para menores de 36 anos e adquisición en concellos de menos de 10.000 habitantes; para compra de vivenda en centros  históricos; ou para mercar vivendas de protección autonómica.

Allegue anunciou que a partir de marzo se ampliará o Aval da Xunta, para que os adquirentes dunha vivenda protexida, sen límite de idade, poidan acceder ao préstamo hipotecario polo 100% do prezo da vivenda. Este incentivo será compatible coas citadas axudas a adquisición, que poden chegar ata os 20.000€ para menores de 36 anos.

Ademais, a Xunta convocará neste mes o Bono Alugueiro Mocidade, cos fondos transferidos polo Goberno estatal, cuxa escaseza vén denunciando o Goberno galego.

Estratexia de solo residencial

Recordou que o Goberno galego, a través da Estratexia de Solo Residencia, tamén está a traballar con 15 concellos que ceden parcelas para construír vivendas. Neste sentido, os Proxectos de Interese Autonómico (PIA) permitirán desenvolver, polo de agora, máis de 1,5 millóns de m2 de solo residencial para as primeiras 15.000 vivendas previstas en Vigo, Pontevedra, Santiago, Ourense, Lugo, Coruña e Arteixo.

Apuntou que onte rematou o prazo para a presentación das ofertas para a redacción destes proxectos, licitados por importe de 2,6M€,  e ás que se presentaron 26 ofertas.

Subliñou que a Xunta tamén puxo en marcha a Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, unha ferramenta exclusivamente dedicada á promoción de solo residencial e vivenda pública, e que asumirá a construción de 2.350 vivendas de promoción pública que deberán estar rematadas antes do fin desta lexislatura.

Estas vivendas construídas pola sociedade serán cualificadas como de promoción pública, co mesmo réxime que as executadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Medidas lexislativas e fiscais excepcionais

M. Allegue lembrou a activación de novas medidas excepcionais ata 2028, así como modificacións de carácter normativo, lexislativo e fiscal, para axilizar trámites para a construción de vivenda, incentivar a rehabilitación e a posta no mercado de vivendas.

Remarcou que se introduciron dúas importantes modificacións na Lei de Vivenda: a  cualificación indefinida e permanente do réxime de protección das VPP e das VPA que se constrúan nun solo desenvolvido por promotor público; e a regulación dos aloxamentos compartidos para facilitar a emancipación dos mozos.

Tamén puxo en valor a consideración das VPP como obra de interese xeral, o que se traduce  en redución dos tempos administrativos; a redución de trabas para conversión de baixos en vivenda; ou a activación dun réxime para favorecer o remate de edificacións non acabadas.

No eido fiscal, a efectos de bonificación tributaria equipárase ao concepto vivenda aquel local comercial adquirido para uso residencial; ou promóvese a dedución do 15% na cota autonómica do IRPF dos gastos de adecuación de inmoble baleiro para destinalo a alugamento.

Ademais lembrou que tamén se actualizaron os límites do IPREM para que un maior número de familias poidan acceder ás vivendas protexidas.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 11/02/2025
900652 {"title":"A Xunta mobiliza xa máis de 200 M€ en licitacións para a construción de máis de 2.000 novas vivendas públicas","published_date":"2025-02-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/156361-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"900652"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-02-11/900652-xunta-mobiliza-xa-mais-200-m-licitacions-construcion-mais-2-000-novas-vivendas-publicas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.