Xunta e entidades sociais alíanse na difusión e promoción do Bono alugueiro social
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O observatorio da Vivenda de Galicia reúne a 12 entidades e organizacións vinculadas co traballo e o impulso de medidas destinados á cidadanía en risco de exclusión social en Galicia
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela 10 de febreiro de 2025
O Observatorio da Vivenda de Galicia celebrou a primeira xuntanza da recentemente creada sección social, co obxecto de analizar as valoracións, por parte das entidades participantes, do Bono de alugueiro social impulsado pola Xunta destinado aos colectivos máis vulnerables. Ademais, nesta cita o IGVS busca unha maior implicación destas organizacións na difusión do Bono entre os colectivos máis desfavorecidos.
Na reunión participaron, en concreto, representantes da Dirección Xeral de Inclusión social, a Dirección Xeral de Loita contra a violencia de Xénero, a FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias), o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, o Consello Galego da Arquitectura Técnica, o Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia, o Colexio Oficial de Axentes da Propiedade Inmobiliaria, a EAPN (Red europea contra la pobreza), Provivenda, Cáritas e Cruz Vermella.
A sección social encargarase de debater as posibles melloras do Bono de Alugueiro Social, que facilita o acceso á vivenda a colectivos desfavorecidos, con axudas do cen por cento do custe do arrendamento.
O Bono Alugueiro Social ten como obxecto facilitar o acceso á vivenda en alugueiro ás vítimas de violencia de xénero, persoas obxecto de desafiuzamento da súa vivenda habitual, persoas sen fogar e outros colectivos especialmente vulnerables. O importe mensual da axuda poderá chegar ata o 100 % da renda do contrato de arrendamento e tamén contempla axudas complementarias para fianza e alta en subministracións, ou cantidades pendentes vinculadas co aluguer. O importe desta axuda non poderá superar os 600 euros.