Xosé Merelles reúnese co presidente da Ruta do Viño e da D.O. de Valdeorras para analizar a aposta da Xunta polo enoturismo na comarca
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director de Turismo de Galicia repasa con varios responsables das entidades os programas activos na comarca
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2025
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo esta mañá un encontro co novo presidente da Ruta do Viño e da Denominación de Orixe (D.O.) de Valdeorras, Marcos Prada. Durante a xuntanza, aproveitaron para facer un repaso da aposta da Xunta de Galicia polo enoturismo na comarca e tamén polos distintos programas de promoción nos que o Goberno galego vén colaborando desde hai anos.
Neste sentido, Xosé Merelles salientou que está en marcha na zona un plan de sostibilidade turística en destino por importe de 1,5M€ con actuacións específicas en materia de dixitalización e impulso desta ruta do viño. Ademais, o director de Turismo de Galicia salientou que disintas adegas incluídas nesta entidade recibiron axudas da Xunta na convocatoria de proxectos turísticos de enogastonomía por importe de case 400.000 euros.
O director de Turismo de Galicia salientou ademais a importancia do enoturismo na estratexia do seu departamento ata 2030 que se ratifica en produtos turísticos coma a 'Primavera de Portas Abertas' que cada ano está a incrementar o número de participantes precisamente ao redor da disintas rutas do viño. A de Valdeorras é unha das que tradicionalmente teñen participado.
Ademais, Xosé Merelles salientou a colaboración do Goberno galego na organización cada ano da BTT Ruta do Viño, unha proba deportiva que discorre polos concellos que forman parte desta entidade e que ten coma finalidade fomentar o enoturismo como ferramenta impulsora do sector turístico a partir dunha marcha en bicicleta pola montaña que permite ao seu tempo coñecer outros valores turísticos coma a paisaxe, a natureza e a cultura da comarca de Valdeorras.
Ademais, repasaron outros eventos relacionados con este atractivo turístico como a celebración da Feira do Viño, a das Covas de Vilamartín de Valdeorras e tamén de Seadur (Larouco).