O conselleiro de Sanidade salienta o proxecto Xenoma Galicia como un dos grandes fitos do progreso científico da comunidade
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A recompilación do ADN da poboación galega posibilitará determinar o risco de padecer cancro de mama e ovario herdados, a síndrome de Lynch ou hipercolesterolemia familiar
- O responsable de Sanidade felicitou aos científicos premiados pola Fundación Barrié-e a Real Academia de Ciencias e remarcou o compromiso da Xunta coa investigación

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2025
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, salientou hoxe o proxecto Xenoma Galicia como un dos grandes fitos do progreso científico na comunidade. Así o manifestou no acto de apertura do Curso Académico 2025 da Real Academia Galega de Ciencias, no que o doutor Ángel Carracedo pronunciou unha conferencia sobre esta iniciativa que impulsa o Goberno galego, co lema O Proxecto Xenoma de Galicia: unha oportunidade para a nosa terra.
No acto, no que tamén participou o secretario Xeral de Universidades da Xunta, José Alberto Díez de Castro, Gómez Caamaño destacou que o proxecto Xenoma suporá un grande avance sanitario, posto que a recompilación e posterior análise do ADN dos galegos posibilitará determinar o seu risco de padecer cancro de mama e ovario herdados, a síndrome de Lynch ou hipercolesterolemia familiar.
O xenotipado da poboación galega, abundou Gómez Caamaño, permitirá, ademais, sentar as bases para un amplo campo de investigación sanitaria de futuro.
Tras a entrega dos premios cos que a Fundación Barrié e a Real Academia Galega de Ciencias recoñecen a excelencia investigadora na nosa comunidade, o conselleiro de Sanidade remarcou o compromiso da Xunta coa investigación como sinónimo de progreso.
Nesta liña, lembrou a adscrición das tres fundacións de investigación sanitaria de Galicia á Consellería de Sanidade, unha medida que posibilitou mellorar as condicións do persoal investigador e fortalecer a aposta científica. "Estamos profundamente orgullosos dos nosos institutos de investigación", uns centros que son referente no ámbito da innovación e que contan coa acreditación do Instituto da Saúde Carlos III.