Martina Aneiros asiste á inauguración da exposicion fotográfica 'Que hai detrás da prostitución?' impulsada pola rede de loita contra a trata sexual
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ferrol, 4 de febreiro de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta tarde no centro cultural Torrente Ballester á inauguración da exposición fotográfica Que hai detrás da prostitución?, impulsada pola Rede Galega de loita contra a trata sexual co apoio do Goberno galego.
A mostra, incluída na programación con motivo do 155 aniversario da fundación da Congregación Hermanas Oblatas do Santísimo Redentor, está formada por nove paneis físicos e oito virtuais a través do que se abordan diferentes imaxes e mitos que invitan a reflexionar sobre esta realidade e os axentes que interveñen nela. Poderá visitarse ata o 20 de febreiro.