Galicia súmase na Unesco ao Ano internacional da Cuántica en París xunto a máis de 100 países

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A Comunidade celebrará numerosas actividades ao longo dos próximos meses para visibilizar a súa forza neste eido a través do Cesga, universidades e empresas 
  •  "É unha gran oportunidade para contribuír á divulgación desta tecnoloxía e a súa repercusión na vida diaria das persoas", declara o conselleiro, quen lembra que para Galicia "é unha área de referencia como demostra o novo Plan de I+D+i"
Imagen del artículo Galicia súmase na Unesco ao Ano internacional da Cuántica en París xunto a máis de 100 países
París, 4 de febreiro de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou hoxe na cerimonia de apertura do Ano Internacional da Ciencia e a Tecnoloxía Cuántica en París. Organizada pola Unesco, na cita participan representantes de máis de 100 países. O representante da Xunta sinalou que Galicia se suma a esta conmemoración como "unha gran oportunidade para contribuír á divulgación desta tecnoloxía e a súa repercusión na vida diaria das persoas". "Para Galicia é unha área de referencia na que temos moitas potencialidades e recursos, polo que queremos seguir impulsando proxectos entorno a ela", engadiu o conselleiro.

Desde a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, e acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, o titular de Ciencia amosou o compromiso do Goberno autonómico co impulso das tecnoloxías cuánticas. De feito, como lembrou, "é unha das áreas estratéxicas do novo Plan de I+D+i" aprobado onte polo Consello da xunta cun investimento de máis de 1.300 M€. 

"Temos grandes oportunidades e grandes recursos: o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), onde presta servizo o computador máis potente do noso entorno; investigadores de referencia e unha liña de traballo estable", afirmou sobre a posición da nosa Comunidade neste eido que repercute na investigación e nas empresas.

Presencia galega nos eventos

Con motivo do Ano Internacional da Ciencia e a Tecnoloxía Cuántica, a Administración autonómica, así como as universidades públicas, os centros de coñecemento e todas as entidades relacionadas con este campo en Galicia, van celebrar un amplo calendario de eventos para impulsar esta tecnoloxía e amosar todo o potencial galego. 

Actualmente xa hai pechados oito eventos, aos que se sumarán diversos coloquios, actividades e xuntanzas. O Cesga, xunto coa Universidade de Santiago e a entidade Quantum Spain, organizan o 28 de febreiro e o 7 e 14 de marzo o evento USC Quantum Computing Workshop en Santiago de Compostela. Ademais, o 14 de abril ofrecerán unha masterclass online orientada a estudantes de Secundaria. Igualmente, Cesga e a USC, xunto con TalentQ, celebrarán webinars todos os martes cada dúas semanas con investigadores que presenten resultados acadados da investigación cuántica. 

Xa o 21 de marzo está prevista, tamén na capital galega, a competición USC Haqathon, organizada pola entidade Quorum. No mes de maio presentaranse en Dinamarca, nun evento organizado polo Quantum Safe Internet, as obras do concurso de arte QSI Science Art Contest, organizado pola mesma entidade. En agosto, o Cesga e a Universidade da Coruña participarán na workshop EuroQHPC con numerosos países da Unión Europea.  

Xa en outubro, celebrarase a segunda conferencia internacional sobre cuántica na Cidade da Cultura dirixida a expertos do sector e organizada por Fujitsu Quantum Centre. Tamén está prevista a asistencia de Galicia ao evento anual que organiza a Comisión europea European Quantum Technologies Conference en Dinamarca.

Os 100 anos da cuántica

O Ano Internacional da Ciencia e a Tecnoloxía Cuántica conmemora, grazas a unión das sociedades científicas e a declaración das Nacións Unidas, os 100 anos desde o desenvolvemento inicial da mecánica cuántica. Esta iniciativa mundial celebrarase ao longo de todo o ano con actividades a todos os niveis destinadas a aumentar a conciencia pública sobre a importancia da ciencia e as aplicacións cuánticas. 

Galicia, consciente do seu papel e percorrido na cuántica, traballa para reforzar esta área e para posicionar a Comunidade como unha rexión referente á vangarda. 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 04/02/2025
891450 {"title":"Galicia súmase na Unesco ao Ano internacional da Cuántica en París xunto a máis de 100 países","published_date":"2025-02-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"891450"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-02-04/891450-galicia-sumase-na-unesco-ao-ano-internacional-da-cuantica-paris-xunto-mais-100-paises https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.