Rueda destaca a oportunidade que supón o turismo náutico para consolidar Galicia coma un destino atractivo durante todo o ano

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Salienta que a comunidade pechou 2024 con cifra récord de turistas ao superar os 8,2 millóns de visitantes, fronte "aos cinco millóns de 2019"
  • O turismo internacional xa representa o 30% do total e medra o gasto realizado
  • Aposta por un turismo ordenado nunha terra "onde non sobra ninguén"
  • O futuro Centro de Recepción de Peregrinos Náuticos busca revitalizar a Ruta Traslatio que permite peregrinar a Compostela por mar, augas fluviais e terra

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 1 de febreiro de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe "o potencial" do turismo náutico en Galicia e asegurou que é unha oportunidade para que a comunidade se consolide coma un destino atractivo "ao longo de todo o ano". 

Durante a presentación do futuro Centro de Recepción de Peregrinos Náuticos de Vilagarcía de Arousa, acompañado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, o titular autonómico resaltou que Galicia pechou 2024 con novo récord de visitantes. Tal e como explicou, máis de 8,2 millóns de viaxeiros se aloxaron o pasado ano nalgún establecemento da comunidade, moi por riba "dos cinco millóns rexistrados no 2019". Entre eles cómpre destacar a case medio millón de peregrinos.

Ademais, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, os visitantes procedentes doutros países xa representan o 30% do total de viaxeiros que chegan á comunidade.  De feito, Galicia rexistrou o maior número de pernoctacións de turistas estranxeiros da súa historia -máis de catro millóns en todo o ano- e tamén aumentou o gasto medio realizado: 170 euros, o que supón un 14,3% máis que no 2023. Por países de orixe, o maior incremento produciuse entre os turistas estadounidenses (+22,1%), seguidos dos italianos (+11,8) e os alemáns (+5%).

O sector turístico supón un dos motores da economía galega -este eido obtivo uns ingresos nominais totais de 432 millóns de euros en 2024, un 6,7% máis que no 2023- e da xeración de emprego. Por iso, o presidente reafirmou o compromiso da Xunta con seguir promovendo a chegada de viaxeiros dun xeito ordenado. "Aquí non nos sobra ninguén. Queremos desestacionalizar o turismo e ofrecer alternativas ao que xa coñecen. E o turismo náutico é bo exemplo", indicou.

Ruta Traslatio

O presidente do Goberno autonómico destacou que a posta en marcha do futuro Centro de Recepción de Turistas Náuticos no peirao de Vilagarcía de Arousa vai supoñer un impulso para a Ruta Traslatio, a única do Camiño de Santiago que permite peregrinar por mar, augas fluviais e por terra. 

A Xunta destina máis de 790.000 € ás obras para transformar a antiga estación marítima de pasaxeiros nun centro de recepción de turistas náuticos e promover as actividades deportivas vencelladas ao mar.

 

 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 01/02/2025
888574 {"title":"Rueda destaca a oportunidade que supón o turismo náutico para consolidar Galicia coma un destino atractivo durante todo o ano","published_date":"2025-02-01","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/145175-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"888574"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-02-01/888574-rueda-destaca-oportunidade-supon-turismo-nautico-consolidar-galicia-coma-destino-atractivo-ano https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.