200 estudantes de Bacharelato coñecerán o modelo formativo do CSHG dentro dos encontros da USC co ensino medio

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Do 4 ao 7 de febreiro, estudantes de institutos e colexios de toda Galicia coñecerán a oferta formativa que lles propón o Centro
  • As visitas incluirán un percorrido dunha hora polas instalacións do CSHG, a través do que se lles familiarizará coas instalacións
  • O CSHG celebra o seu 30 aniversario como institución líder en Galicia en formación orientada ao sector hostaleiro e turístico

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2025

Os Encontros da USC co Ensino Medio traerá a preto de 200 estudantes de 2º de Bacharelato ao Centro Superior de Hostalaría de Galicia para que coñezan a súa oferta formativa. Do 4 ao 7 de febreiro realizarase unha serie de visitas polas instalacións do centro, co obxectivo de dar a coñecer entre o alumnado os estudos aos que poden acceder no CSHG e que valoren así o seu seguinte paso académico.

As visitas forman parte do programa 'A Ponte entre o Ensino Medio e a USC', unha iniciativa coa que a Universidade de Santiago de Compostela busca facilitar o coñecemento de primeira man das súas titulacións e servizos. Para isto, propón unha serie de visitas de estudantes de centros de ensino secundario de Galicia a distintas institucións, como o CSGH, que este curso celebra o seu 30 aniversario.

Para isto, durante os días 4, 5, 6 e 7 de febreiro organizaranse distintas quendas de visitas de estudantado pertencente a 2º de bacharelato de institutos e colexios de toda Galicia.

Cada día, os distintos grupos serán recollidos ás 10.30 horas na Residencia do Monte da Condesa para trasladalos ata o CSHG. Aquí realizarase unha visita dunha hora de duración, durante a cal terán a posibilidade de percorrer as instalacións do Centro, como o edificio de Teoría, o de Catas, os restaurantes e a residencia. Para finalizar, farase un encontro de media hora a modo de Coffee Break entre as persoas participantes, tras do que se levará novamente aos grupos ata o punto de encontro.

Os alumnos e as alumnas poderán así familiarizarse cos distintos espazos e coas formacións que se ofrecen neles, ademais de resolver as súas posibles dúbidas sobre as distintas propostas de estudos do centro.

En concreto, o día 4 espérase a chegada de 26 alumnos, que farán un único itinerario. O día 5 serán 63 candidatos e candidatas as que percorrerán o centro, para o cal se dividirán en tres rutas distintas. O día 6, o de maior afluencia, virán 71 aspirantes, que novamente se repartirán en tres itinerarios. As xornadas pecharanse o día 7 coa visita de 37 persoas interesadas, que farán dúas rutas distintas polas distintas instalacións.

O programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela que leva en marcha desde o curso 2003-2004. Inclúe unha  serie de actividades, como visitas, charlas e encontros, a través das que o estudantado pode coñecer e resolver as súas dúbidas sobre os distintos estudos que se ofrecen na USC. O CSHG, como centro adscrito á  USC,  participa cada ano durante varias xornadas, como unha das opcións de grao que oferta a USC.

30 aniversario do CSHG

O Centro Superior de Hostalaría de Galicia atópase inmerso na celebración do seu 30 aniversario, ao que chega como institución líder en Galicia en formación orientada ao sector hostaleiro e turístico. O proxecto responde á necesidade de contar con profesionais que se encarguen da xestión e dirección das empresas do sector turístico en Galicia, para o que desde a Xunta de Galicia se apostou por promover a súa formación.

Actualmente, o centro ofrece os graos de Dirección Hostaleira e de Gastronomía e o curso de Chef, que habilitan ao estudantado para desempeñar distintas profesións dentro da industria turística.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 01/02/2025
888547 {"title":"200 estudantes de Bacharelato coñecerán o modelo formativo do CSHG dentro dos encontros da USC co ensino medio","published_date":"2025-02-01","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/153516-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"888547"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-02-01/888547-200-estudantes-bacharelato-coneceran-modelo-formativo-do-cshg-dentro-dos-encontros-da-usc-co-ensino-medio https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.