A Xunta subvenciona con preto de 34.000 euros a pavimentación do vial na contorna da Capela de San Antonio de Penalba, en Campo Lameiro
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial destacou a importancia de levar a cabo obras que melloren o día a día dos veciños e veciñas e que aposten pola seguridade viaria
- A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público da dirección xeral de Administración Local e beneficiou a 16 concellos da área territorial de Pontevedra por importe total de máis de 520.000 euros
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Campo Lameiro (Pontevedra), 31 de xaneiro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o resultado das obras de pavimentación no vial da contorna da Capela de San Antonio de Penalba, no concello de Campo Lameiro.
Estas obras, que contan cunha achega da Xunta de preto de 34.000 euros, permitiron mellorar a comodidade e a seguridade dos centos de veciños que habitualmente pasan pola zona. Así, tras limpar o tramo da actuación e arranxar algúns problemas de drenaxe, procedeuse á reparación das fochancas que o paso do tempo e o uso foi creando na estrada, para posteriormente estender unha capa de rodaxe de cinco centímetros de pavimento asfáltico.
A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público da dirección xeral de Administración Local, que beneficiou a 16 concellos da área territorial de Pontevedra por valor de máis de 520.000 euros. Na área de influencia do concello de Pontevedra recibiron esta subvención, ademais de Campo Lameiro, os concellos de Marín; Bueu; Vilaboa; e Poio.
Neste sentido, o delegado territorial destacou a importancia "deste tipo de actuacións que melloran o día a día de tantos veciños e veciñas e que ademais supoñen unha aposta pola seguridade viaria".
Dende o ano 2020 o concello de Campo Lameiro recibiu un total de máis de 156.000 euros grazas a esta liña de axudas.