Xosé Merelles visita a nova oficina de turismo de Parada de Sil e destaca o incremento do 21% en visitantes da Ribeira Sacra en 2024
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Turismo de Galicia financiou a remodelación das instalacións municipais para acoller este servizo turístico achegando 50.000 euros
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Parada de Sil, 31 de xaneiro de 2025
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou este venres a nova oficina de turismo de Parada de Sil situada nas dependencias municipais remodeladas no último ano grazas a unha achega de Turismo de Galicia de 50.000 euros que cubriu case a totalidade da actuación, en total 50.287,82 euros.
Durante a súa visita ás instalacións, Xosé Merelles puxo en valor este tipo de servizos así como o persoal que os atenden e que contribúen a que a actividade turística sexa cada vez máis importante para o desenvolvemento económico do territorio.
Así, referiuse aos últimos feitos públicos esta mesma mañá polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que falan de que a Ribeira Sacra foi visitada en 2024 por 161.440 viaxeiros, supoñendo un incremento de case o 21% con respecto a 2023.
Ademais, o director de Turismo de Galicia salientou incremento do 45,1% de viaxeiros internacionais que visitaron este destino o pasado ano e subliñou que "o segmento hoteleiro da Ribeira Sacra rexistrou máis de 305 mil noites, cifra que se sitúa como máximo da serie histórica". Isto fixo que a rendibilidade hoteleira medrase nesta zona o 12% en 2024. En total, Galicia recibiu a visita de 8 millóns de viaxeiros en 2024.
Oficina de turismo
A obra realizada nas antigas dependencias municipais destinadas a arquivo permite ofrecer unha atención máis eficiente aos visitantes que chegan a esta zona da Ribeira Sacra, un destino en crecemento que destaca polo seu patrimonio natural e cultural.
Durante a visita ás instalacións, Xosé Merelles felicitou ao alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, polo esforzo que está a facer este concello pola promoción turística da zona. Parada de Sil é o único concello ourensán pertencente á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes que posúe, ademais, o distintivo Q de Calidade Turística.
Este Concello impulsou esta actuación como parte da súa estratexia para reforzar o sector turístico local e leva anos promovendo a sostibilidade coa posta en marcha dun servizo de autobús lanzadeira cara ao Mosteiro de Santa Cristina.