O programa da Xunta '21 días co galego e +' arranca a súa sétima edición con obradoiros de regueifas, contacontos e actuacións musicais

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O secretario xeral da Lingua e o director xeral de Centros e Recursos Humanos participan na apertura desta iniciativa, que se estenderá ata o 21 de febreiro, coincidindo coa celebración do Día da lingua materna 

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2025

O programa de dinamización lingüística da Xunta 21 días co galego e + arranca hoxe a súa sétima edición que ofrecerá obradoiros de regueifas, contacontos e actuacións musicais nos centros que participan. Así o avanzaron esta mañá no acto de apertura desta iniciativa o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús M. Álvarez Bértolo, que destacaron "a importancia de impulsar propostas de lecer que animen á cativada a empregar o galego en diversas actividades dentro e fóra da escola".

Nesta nova edición, que impulsa a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, participarán unha decena de centros de Educación Infantil e Primaria das catro provincias, que, sumando alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos, inclúen un total de 3.990 persoas. O programa de dinamización, no que tamén colabora a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, desenvolverase desde o 31 de xaneiro ata o 21 de febreiro, coincidindo o seu último día coa celebración do Día da lingua materna. 

No acto de apertura, que acolleu o colexio Francisco Vales Villamarín de Betanzos, tamén participaron o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, así como representantes institucionais e o profesorado e alumnado do centro. Ademais, os restantes nove centros adscritos ás actividades realizaron cadanseu acto de apertura ao longo do día de hoxe. 

Baixo o lema Medrando en galego, elixido por segundo ano consecutivo, o alumnado dos colexios que toman parte no programa intensificarán a súa expresión en galego durante os 21 días que duran as actividades. Para potenciar o uso da lingua e como novidade nesta edición, os centros educativos contarán co obradoiro de regueifa impartido por Lupe Blanco, un contacontos a cargo de Celso Sanmartín e o espectáculo musical A voar de César Freirías Prado e a Cé Orquestra Pantasma. 

De todas estas propostas quedará constancia nas redes sociais do programa e no blog 21diascogalegoemais.gal, o soporte central da iniciativa, onde se mostrarán as creacións e onde tamén se publicará durante tres fins de semana contido lúdico para que as familias continúen o labor iniciado nos centros.

Ademais, 21 días co galego e + manterá a colaboración co programa Galicia por diante, da Radio Galega, onde terá unha sección diaria de luns a xoves, e co programa Dígocho eu!, da CRTVG, que terá encontros co alumnado dos 10 centros educativos. O broche de ouro da edición porao de novo o III Encontro 21 días co galego e +, que reunirá o 25 de febreiro ao alumnado e profesorado de todos os centros participantes no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela para compartir, nunha sesión lúdica, as súas experiencias. 

Centros voluntarios participantes

Neste curso 2024/25 o programa desenvolverase nos colexios Francisco Vales Villamarín (Betanzos), Emilio González López (Cambre) e o Plurilingüe La Grande Obra de Atocha (A Coruña), na provincia da Coruña; no Albeiros e no Illa Verde en Lugo; no Julio Gurriarán (O Barco de Valdeorras) e o Manuel Respino (A Rúa), na provincia de Ourense, e no Plurilingüe do Carballal (Marín), Plurilingüe de Sequelo (Marín) e no Manuel Cordo Boullosa (Ponte Caldelas), da provincia de Pontevedra.

Esta iniciativa de dinamización lingüística naceu para estimular o uso do galego no alumnado e perfeccionalo dentro e fóra das aulas. Ten a súa orixe nunha experiencia que se puxo en marcha desde 2013 no Instituto da Pobra do Caramiñal, da man da profesora Pilar Ponte, e que mesmo chegou a recibir en 2015 un premio de innovación en dinamización lingüística, en 2016 un recoñecemento da Real Academia Galega e no 2019 o Premio da Cultura Galega na categoría de Lingua. Desde o ano 2019 foi asumido pola secretaría xeral da Lingua e a el adhírense os centros educativos de xeito voluntario. 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 31/01/2025
886526 {"title":"O programa da Xunta '21 días co galego e +' arranca a súa sétima edición con obradoiros de regueifas, contacontos e actuacións musicais","published_date":"2025-01-31","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/152385-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"886526"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-31/886526-programa-da-xunta-21-dias-co-galego-e-arranca-sua-setima-edicion-obradoiros-regueifas-contacontos-e-actuacions-musicais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.