A Xunta renova a instalación de fontanería do CEIP Antonio Blanco Rodríguez, en Covelo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A actuación contou cun orzamento de preto de 24.000 euros
- O delegado territorial aproveitou para poñer en valor o esforzo da consellería de Educación para manter en bo estado os centros educativos de toda Galicia
- Este ano 2025 arrancou a segunda fase do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica a través do cal a Xunta levará a cabo 61 grandes actuacións na provincia de Pontevedra por valor de preto de 65 millóns de euros
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Pontevedra, 30 de xaneiro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou o resultado das obras de renovación da instalación de fontanería no CEIP Antonio Blanco Rodríguez, no concello de Covelo.
Os traballos, que contaron cun orzamento da Xunta de máis de preto de 24.000 euros, permitiron renovar unha instalación que se atopaba en mal estado debido ao paso do tempo e o uso continuado. Desde o ano 2011, a Xunta levou a cabo actuacións por valor de preto de 300.000 euros no CEIP Antonio Blanco Rodríguez.
Acompañado polo alcalde de Covelo, Pablo Castillo, e polo director territorial de Educación, César Pérez, o delegado territorial aproveitou a visita para poñer en valor o "gran traballo que se está a levar a cabo dende a consellería de Educación para manter no mellor estado posible os centos de centros educativos que hai na provincia de Pontevedra".
Neste sentido, cabe destacar que este ano arranca a segunda fase do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que se levará a cabo durante os próximos tres anos e que prevé a execución de 61 grandes actuacións en centros educativos da provincia de Pontevedra por valor de preto de 65 millóns de euros.
O Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que arrancou no ano 2021, rematará no ano 2028 cun investimento total en toda Galicia de preto de 500 millóns de euros que serán destinados á renovación de edificios educativos en toda a comunidade autónoma.