Mos estrea catro esculturas realizadas na Escola de Cantería de Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Educación e a alcaldesa visitan as pezas situadas no roteiro dos muíños de Salgueira e do monte de Pereiras
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Mos (Pontevedra), 30 de xaneiro de 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, xunto coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, participou hoxe na inauguración de catro esculturas realizadas polo alumnado da Escola de Cantería de Galicia, que desde este curso funciona como centro integrado de FP.
As pezas encargadas por este concello pontevedrés son figuras graníticas que representan un leñador, un home sentado, un xabaril e un raposo, e poden visitarse no roteiro dos muíños de Salgueira e do monte de Pereiras, na parroquia do mesmo nome.
Román Rodríguez subliñou a importancia de que o traballo realizado nos centros formativos galegos, como é o caso do hoxe CIFP de Cantería, se poida visualizar por parte do conxunto da poboación. Nesta liña, o centro, como prácticas do alumnado dentro da programación didáctica destas ensinanzas, realiza diferentes obras escultóricas no marco de colaboracións establecidas.