A conselleira María M. Allegue solicita no Parlamento que se faga efectiva a anunciada bonificación para a AP-53
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas denuncia a opacidade do Ministerio de Transportes na posta en marcha dos novos descontos na autoestrada Santiago-Dozón, e reclama que se analice a oportunidade de rescatar a AP-9
- Subliña que coas novas cifras que publicou o Goberno central, o custe da indemnización do rescate e o das bonificacións ata final da concesión están moi equilibrados, "polo que é preciso que o Ministerio reflexione e analice a ventá de oportunidade que agora se ofrece para liberar a autoestrada AP-9"
- M. Allegue subliña que o Goberno galego seguirá a reclamar a transferencia da AP-9 e critica "a calada por resposta" do ministro Óscar Puente ás reiteradas solicitudes de reunión por parte da Xunta: "Non deixaremos de pedir que nos reciba e escoite o que parece que non quere escoitar"
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2024
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, reclamou hoxe no Parlamento que o Goberno central faga efectiva a comprometida bonificación para a AP-53. M. Allegue lamentou a opacidade do Ministerio acerca desta medida e reclamou que se aborde a oportunidade de rescatar a AP-9.
Na súa intervención, a conselleira criticou "o silencio e agravio" do Executivo central sobre a posta en marcha da bonificación para a AP-53 e subliñou que a Xunta seguirá a esixir "luz e taquígrafos para Óscar Puente e os seus compromisos con Galicia". "Esperamos que aclare cales son os criterios para liberar tramos das autoestradas e cando vai ser unha realidade a implantación das bonificacións para a AP-53", apuntou.
Por outra banda, aínda que a Xunta mantén a esixencia da transferencia da titularidade da AP-9, M. Allegue reclamou ao Goberno central que analice a oportunidade de rescatar esta autoestrada estatal, tras coñecer o Decreto no que o Ministerio de Transportes cifra en 3.800 M€ a reserva de crédito para afrontar as bonificacións até o final da concesión, e tendo en conta que o custo da indemnización do rescate aplicando unha taxa de desconto é de 2.331M€, "moi similar á reserva de crédito tamén aplicando unha taxa de desconto".
"Coas novas cifras que publica o Ministerio na súa web -afirmou-, o custo da indemnización do rescate e o das bonificacións ata final da concesión están agora moi equilibrados, polo que é preciso que o Ministerio reflexione e analice a ventá de oportunidade que agora se ofrece para liberar a autoestrada AP-9". Sinalou que a Xunta xa ten efectuada esta solicitude ao ministro Óscar Puente.
Criticou tamén "a calada por resposta" por parte do ministro ás reiteradas solicitudes de reunión para abordar a situación das infraestruturas galegas, e apuntou que a Xunta non deixará de pedir que "escoite o que parece que non quere escoitar". Así, esixiu tamén ao Goberno central que materialice a transferencia da AP-9, aprobada de forma unánime no Parlamento de Galicia.
"Mentres noutros territorios vemos o rescate parcial ou total de autoestradas, en Galicia temos que nos conformar coas migallas que Óscar Puente queira destinar -lamentou-. Esiximos respecto e seriedade no trato a Galicia para que se leve adiante a transferencia desta infraestrutura a Galicia, xa que está claramente demostrado que deste Goberno non podemos agardar un trato xusto".
"Tarifazo" na AP-9
A conselleira referiuse ao novo "tarifazo" das autoestradas estatais en Galicia, ao subir máis dun 5% en xaneiro a AP-9, co que a viaxe entre Vigo e A Coruña supera por primeira vez os 20€ de custe, e en case un 4% a AP-53. "Un incremento inxustificadamente elevado que lastra a competitividade de todo o tecido empresarial galego así como a economía das familias galegas", afirmou.
Allegue sinalou que a situación é especialmente "sangrante" na AP-9, cunha suba do 26% nos últimos cinco anos, nunha infraestrutura "imprescindible, tal e como di o Ministerio, para facilitar a mobilidade terrestre, que non ten alternativa de balde e que ano a ano segue sometida a subas anuais.
A conselleira volveu reclamar transparencia no procedemento aberto pola situación da AP-9 en Bruxelas e que se debata no Congreso a Proposición de Lei sobre a transferencia aprobada polo Parlamento galego "que o PSOE adía unha e outra vez".
"Galicia ten dereito -afirmou- a unhas infraestruturas adecuadas e ben conservadas, que nos permitan mellorar a seguridade viaria. As estradas N120, N540, N525 ou N640 son o exemplo máis patente de estradas nas que a falta de conservación pon en perigo vidas.
E os galegos teñen dereito a ter vías de alta capacidade que vertebren o territorio, seguras e galegas. É tempo de rematar con esta inxustiza".