Ángeles Vázquez pon en valor o compromiso da comunidade educativa coa concienciación ambiental a través do concurso de recollida de pilas 'Pilabot'

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Agradece a implicación dos cadros directivos e do profesorado nesta iniciativa que vai permitir que máis de 31.600 escolares se formen na importancia do coidado e do respecto ao medio ambiente
  • Os centros participantes nesta campaña tamén poden ter acceso a outro tipo de actividades ao longo dos meses que durará o concurso, como un total de 50 talleres didácticos sobre a reciclaxe destes residuos
  • O CRA Amencer participou en todas as edicións deste concurso e nas cinco recibiu algún galardón na categoría de mellor taxa de recollida por alumno
Imagen del artículo Ángeles Vázquez pon en valor o compromiso da comunidade educativa coa concienciación ambiental a través do concurso de recollida de pilas 'Pilabot'
Ribadavia (Ourense), 28 de xaneiro de 2025

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, puxo hoxe en valor o compromiso da comunidade educativa coa concienciación ambiental a través de iniciativas como o concurso de recollida de pilas Pilabot, que desenvolve a Xunta, en colaboración e apoio dos xestores de pilas autorizados Ecopilas, ERP e Ecolec, e que este ano chega a súa sexta edición.

Durante a súa visita ao CRA Amencer, en Ribadavia, a conselleira salientou que a campaña escolar Pilabot ten como obxectivo concienciar ás novas xeracións sobre a importancia da reciclaxe a través de actividades como o concurso de recollida de pilas, acumuladores e baterías usadas entre o alumnado de todos os colexios de primaria e secundaria participantes.

Logo de facer fincapé en que este ano as 150 prazas dispoñibles para centros educativos se cubriron en apenas tres días, Ángeles Vázquez explicou que, unha vez iniciado o pasado 23 de xaneiro o reparto paulatino de bidóns, colectores e outro tipo de material informativo, cada centro terá seis semanas lectivas para participar e xuntar este tipo de residuos, con prazo límite ata o vindeiro mes de maio.

Nesa liña, a conselleira agradeceu a implicación dos cadros directivos e do profesorado nesta iniciativa que vai permitir que máis de 31.600 escolares se formen na importancia do coidado e do respecto ao medio ambiente a través, neste caso, da correcta xestión dos residuos que se xeran na vida cotiá.

Ademais, os gañadores repartiranse 7.500 euros divididos en catro premios: dous de 2.500 euros cada un para o centro que máis quilos recupere e para o que teña a mellor taxa de recollida por alumno, e outros dous de 1.250 euros para os segundos clasificados en cada categoría.

Os colexios que ao remate da competición resulten galardoados deberán destinar o diñeiro dos premios recibidos á compra de material escolar, deportivo ou á organización de actividades educativas co seu alumnado.

De feito, o CRA Amencer de Ribadavia, que hoxe visitou a conselleira, participou en todas as edicións deste concurso e nas cinco recibiu algún galardón na categoría de mellor taxa de recollida por alumno. Trátase dun colexio rural agrupado, formado por tres escolas localizadas nos lugares de San Cristovo, San paio e Francelos, no que o alumnado cursa educación infantil e os dous primeiros cursos de primaria.

En todo caso, os centros participantes na campaña Pilabot tamén poden ter acceso a outro tipo de actividades ao longo dos meses que durará o concurso, como un total de 50 talleres didácticos sobre a reciclaxe de pilas. Estas actividades estarán dispoñibles para os 150 colexios participantes en Pilabot aínda que terán prioridade aqueles centros que non acolleron ningún taller en edicións anteriores.

Con esta iniciativa, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático busca fomentar a reciclaxe de pilas entre a comunidade escolar e as familias do alumnado, ao tempo que se lles facilita información e recursos didácticos para promover actitudes positivas que preveñan os problemas de contaminación derivados dunha xestión inadecuada, xa que se trata dun dos residuos máis contaminantes que se xeran nos fogares.

De feito, desde que se puxo en marcha este certame, no ano 2019, xa se recolleron grazas aos centros educativos participantes un total de 244 toneladas de pilas, acumuladores e baterías usadas, unha cifra equivalente a uns 14 tráileres. E na pasada edición deste concurso, tal e como recordou a conselleira, as pilas recollidas polo alumnado -40 toneladas- supuxeron 1 de cada 7 das recuperadas en toda Galicia -286 toneladas-.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 28/01/2025
882447 {"title":"Ángeles Vázquez pon en valor o compromiso da comunidade educativa coa concienciación ambiental a través do concurso de recollida de pilas 'Pilabot'","published_date":"2025-01-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/151998-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"882447"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-28/882447-angeles-vazquez-pon-valor-compromiso-da-comunidade-educativa-coa-concienciacion-ambiental-traves-do-concurso-recollida-pilas-pilabot https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.