A Fundación Cidade da Cultura de Galicia nomea a historiadora da arte e xestora cultural Verónica Santos nova directora de Acción cultural
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Verónica Santos, que traballa no Museo Gaiás desde 2011, conta cunha ampla experiencia na coordinación de exposicións e proxectos didácticos
- A designación prodúcese tras obter a maior valoración nun proceso de selección suxeito aos principios de transparencia, igualdade, mérito e capacidade
- Afrontará retos como o deseño de contidos ao redor das artes dixitais ou o avance na internacionalización, no apoio á comunidade de creadores e nas itinerancias
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2025
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia acaba de nomear a Verónica Santos Farto (Paredes-Vilaboa, Pontevedra-1973) directora de Acción Cultural. A designación, que se publicará no Diario Oficial de Galicia nos próximos días, prodúcese tras obter a maior valoración nun proceso de selección convocado pola Fundación, suxeito aos principios de transparencia, igualdade, mérito e capacidade.
Santos Farto, que asumirá este cargo nas próximas semanas, coñece en profundidade unha institución na que desde 2011 desempeña un papel destacado, coordinando proxectos expositivos e didácticos, así como comisariando propostas como Pensar coas mans. Cerámica, cestería e xoiería de Galicia ou Traballo en equipo. 30 anos do CGAC, mostra que levou a cabo xunto ao director do CGAC, Santiago Olmo.
Á fronte deste departamento, asumirá retos como o deseño dun programa de contidos no terreo das artes dixitais, o avance no proceso de internacionalización que está a impulsar o Gaiás, a ampliación do programa de itinerancias expositivas ou o apoio á comunidade de creadores dotando dunha nova escala as residencias artísticas.
Historiadora da arte e xestora cultural
Licenciada en Historia da Arte Moderna e Contemporánea e Historia, Xeografía e Historia da Arte de Galicia pola Universidade de Santiago, cursou o Máster en Xestión de Bens Culturais e Patrimonio pola Universidade da Coruña e un posgrado en Museoloxía Moderna polo Centro Liceus e Universidade Alcalá de Henares.
Ademais da súa formación académica e a súa etapa na Cidade da Cultura, Santos Farto traballou como xestora cultural e comisaria de exposicións, fundou unha empresa de xestión cultural premiada polo súa carácter innovador e participou como docente en másters e programa educativos para diversas institucións culturais.