Galicia será a primeira comunidade en poñer en marcha un bono para apoiar á mocidade a hora de independizarse

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Rueda resalta que obxectivo da Xunta é "axudar aos mozos" de entre 18 e 35 anos "cos primeiros gastos do seu fogar" coma compra de mobles ou os gastos da mudanza
  • O conselleiro de Xuventude salienta que esta medida busca "un futuro mellor para a nosa mocidade e para Galicia"
  • A medida vai dirixida tanto aos que vivan en réxime de alugueiro como nunha vivenda da súa propiedade
  • As solicitudes deben presentarse a través da sede electrónica da Xunta ata o 30 de abril de 2025 
  • As persoas beneficiarias recibirán unha tarxeta moedeiro virtual para gastar en establecementos que conten con sede física en Galicia 

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a vindeiro posta en marcha do Bono Emancípate, unha iniciativa pioneira en Galicia coa que o Goberno autonómico "axudará aos mozos" de entre 18 e 35 anos "cos primeiros gastos do seu fogar" e que estará dotada de 2 millóns de euros. "O prazo pasa solicitalo comezará o vindeiro 6 de febreiro e rematará o 30 de abril", segundo engadiu o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.

A iniciativa ten por obxectivo que os mozos e mozas galegas conten cun incentivo económico á hora de independizarse, xa sexa nunha vivenda alugada ou en propiedade, para sufragar "a adquisición de mobiliario" ou diversos artigos como os decorativos, obxectos do baño, téxtil ou "certos electrodomésticos esenciais", explicou Rueda. Tamén poderán empregar a axuda en gastos que teñan que ver con xestoría e notaría ou derivados dos servizos de transporte de mudanza.

Deste xeito, tal e como resaltou o conselleiro trátase dunha liña de apoio "complementaria" a outras que teñen que ver co prezo de compra dun inmoble ou a renda do alugamento. No caso de vivir como arrendatarias, as persoas que resulten beneficiarias recibirán 1.500€ para  empregar na tipoloxía de gastos xa mencionados, mentres que as que soliciten a axuda tendo adquirida a súa propiedade a contía será de 3.000€.

Unha medida que se enmarca na aposta da Xunta por facilitar o acceso a vivenda a xente nova e apoialos a dar o paso de independizarse ao "botar unha man cos primeiros gastos que se unen ao actual prezo da vivenda", indicou Rueda. "É unha iniciativa pioneira a nivel estatal xa que Galicia é a primeira comunidade en poñer en marcha" unha axuda deste tipo, indicou López Campos, quen asegurou que con ela se busca "un futuro mellor para a nosa mocidade e para Galicia".

Ao Bono Emancípate poden acceder, dentro da franxa de idade indicada, as persoas que cumpran algúns requisitos como ter, polo menos, unha fonte regular de ingresos, posuír a nacionalidade española ou dalgún dos Estados da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, ou estar empadroadas na vivenda na que van permanecer, entre outras cuestións. Poderán solicitalas aqueles mozos con contrato en vigor desde o 31 de maio de 2024 e cunha duración mínima dun ano.

Solicitudes e tarxeta virtual

A orde de convocatoria en concorrencia non competitiva sairá publicada mañá no Diario Oficial de Galicia e, tras uns días para dar a coñecer a iniciativa, abrirase o 6 de febreiro, o prazo de solicitudes. Presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ata o 30 de abril de 2025, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible.

Unha vez concedidas e comunicadas as axudas, faranse efectivas a través dunha tarxeta moedeiro virtual que se expedirá a nome da persoa beneficiaria e non poderá ser usada máis alá do 31 de decembro de 2025. Ademais, as compras que se realicen con esta tarxeta deberán facerse en comercios especializados, grandes superficies, empresas de mudanzas, xestorías e notarías que teñan establecemento aberto en Galicia e non se poderá utilizar en compras a distancia.

Emancipación da mocidade

Coa posta en marcha do Bono Emancípate, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dá resposta ás demandas da mocidade galega ante as dificultades de acceso a unha vivenda de seu que lle permita iniciar un proxecto de vida independente. Así, con esta iniciativa trátanse de complementar as políticas de vivenda que xa vén desenvolvendo a Xunta de Galicia cunha proposta diferente, dirixida a cubrir en parte os gastos que leva consigo a posta en marcha dun fogar.

Esta proposta súmase a outras de carácter transversal nas que interveñen varios departamentos da Administración autonómica como é a promoción de vivendas colaborativas para menores de 36 anos.


 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/01/2025
881042 {"title":"Galicia será a primeira comunidade en poñer en marcha un bono para apoiar á mocidade a hora de independizarse","published_date":"2025-01-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/151451-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"881042"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-27/881042-galicia-sera-primeira-comunidade-poner-marcha-bono-apoiar-mocidade-hora-independizarse https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.