Rueda anuncia que a Xunta inicia a elaboración das directrices de ordenación do litoral, que serán o instrumento clave para garantir a xestión integral da costa

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Explica que o seu obxectivo principal será fixar os criterios para xestionar as actividades estratéxicas na franxa costeira co propósito de garantir o equilibrio entre os recursos naturais e os ecosistemas co desenvolvemento económico e social
  • Indica que desenvolverán os criterios que se aplicarán para poder implantar as instalacións da cadea mar-industria, a Rede de sendas do litoral ou para localizar aparcadoiros ao servizo das praias ou áreas para estacionamento de autocaravanas
  • O Consello tomou razón da publicación da consulta pública previa, que estará dispoñible "dous meses", do que será o marco xeral de referencia para o desenvolvemento dos plans de ordenación do litoral previstos na Loxilga
  • Con este novo paso, a Xunta "continúa avanzando no desenvolvemento da Lei do litoral", á espera do traspaso de medios persoais e materiais solicitado ao Executivo central, cuxa previsión é que se faga efectivo no primeiro trimestre de 2025
  • O Goberno galego xa puxo en marcha un visor web con información cartográfica das tres zonas da costa reguladas pola Loxilga, constituíu a Comisión Interdepartamental de Coordinación da Ordenación do Litoral e someteu a consulta pública previa a creación do Foro do litoral

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago, 27 de xaneiro de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe o acordo do Consello para "abrir o período de consulta pública previa do anteproxecto de decreto polo que se crean as Directrices de ordenación do litoral (DOL)", co obxectivo de compilar achegas e suxestións en relación á elaboración e contido do que será o instrumento clave para garantir a xestión integral da costa en Galicia. O trámite iniciarase nos vindeiros días e, tal e como indicou Rueda, "durante dous meses" estará aberto a todas as persoas, entidades e administracións interesadas en participar.

A xestión integrada do litoral require preservar a costa en beneficio das xeracións presentes e futuras e, para acadar ese obxectivo, cómpre garantir que as actividades que se van realizar na costa permitan un desenvolvemento integral desde o punto de vista ambiental, social e económico. Nesa liña, as DOL establecerán criterios xerais coherentes e precisos -que serán regulados, posteriormente, por diversos plans de ordenación- para dotar a comunidade dunha regulación coordinada e garantir a seguridade xurídica na ordenación e xestión do litoral.

Máis polo miúdo, segundo explicou o presidente da Xunta, estas directrices "fixarán os criterios das actividades estratéxicas que se poden realizar" nas zonas en que se divide o litoral galego, así como as que non son autorizables, co propósito de garantir o equilibrio entre a protección dos recursos naturais e dos ecosistemas co desenvolvemento económico e social.

En concreto, apuntou Rueda, conterán os criterios tanto para "identificar os espazos de interese ambiental e paisaxístico que precisen dunha maior protección, conservación e ordenación", como para determinar as condicións para implantar as distintas actividades económicas e sociais de axentes públicos e privados que operen no litoral, como, por exemplo, "o sector hostaleiro ou a cadea mar-industria".

A maiores, o titular do Goberno galego sinalou que tamén "fixarán as pautas para crear unha Rede de sendas do litoral" na que se garantirá unha intervención respectuosa coa paisaxe e cos hábitats. Deste xeito, aplicarase unha visión de conxunto para optimizar a súa execución e mantemento, facilitar o seu uso e aproveitar as sinerxías con outros elementos de valor natural e cultural presentes no mesmo ámbito territorial. As DOL fixarán as condicións que deben reunir as vías que conformarán esa rede, indicarán os requisitos para o acondicionamento de novos tramos e detallarán os criterios de deseño, sinalización e divulgación da rede.

Ademais, "determinarán os criterios para garantir o acceso ao mar e o estacionamento", explicou o presidente da Xunta. Neste eido, incluirán cuestións como os aparcadoiros ao servizo das praias ou as áreas para estacionamento de autocaravanas.

No primeiro caso, as DOL definirán as condicións básicas para a localización e o deseño destes espazos co obxectivo de proporcionar seguridade xurídica aos concellos que promovan este tipo de actuacións.

No que atinxe ao estacionamento de autocaravanas, trazaranse as liñas de acción para o acondicionamento destas áreas, nas que se garantirá a convivencia con outro tipo de vehículos, se asegurará a dotación de servizos básicos e se evitará a creación de pantallas visuais que obstaculicen a contemplación das paisaxes costeiras.

As DOL tamén abordarán cuestións relativas a determinar a concentración urbana admisible no litoral; orientar as accións de renovación ou rehabilitación urbana e ampliación dos espazos públicos; identificar as accións necesarias para o seu aproveitamento racional e sustentable, así como os criterios para establecer os usos estratéxicos e prioritarios do mar para os efectos de elaborar o Plan de ordenación mariña.

Un paso clave para a xestión do litoral

Este novo instrumento será o marco xeral de referencia para o desenvolvemento das restantes ferramentas de ordenación previstas na Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (Loxilga), así como para a formulación e a execución das distintas políticas sectoriais sobre a costa.

As determinacións contidas nas directrices de ordenación do litoral indicarán de modo inequívoco cal será o alcance de cada un dos plans que as desenvolverán, orientador ou vinculante, ou, cando sexa o caso, se terán carácter de normas de aplicación directa.

Polo tanto, a súa elaboración supón un paso decisivo para que Galicia exerza as competencias plenas e efectivas que lle atribúe o Estatuto de autonomía sobre a ordenación e a xestión do litoral e que foron ratificadas pola sentenza do Tribunal Constitucional que, en abril de 2024, avalou a Loxilga ao rexeitar 70 das 72 impugnacións presentadas polo Goberno central.

Con todo, a autorización por parte da Xunta das actividades estratéxicas que se desenvolvan no dominio público marítimo-terrestre producirase cando o Executivo central faga efectivo o traspaso á Comunidade dos medios materiais e persoais necesarios para a xestión completa do litoral. "Seguimos traballando para asumir plenamente esta competencia", apuntou Alfonso Rueda.

Cómpre lembrar que, logo de pechar o acordo co Goberno central para a celebración da Comisión Mixta de Transferencias na que se concretará esa cuestión, a previsión é que ese traspaso se faga efectivo no primeiro trimestre de 2025. Neste sentido, Rueda informou da remisión dunha carta ao ministro de Política Territorial para urxilo a desbloquear a situación canto antes.

Visor web

A Xunta xa vén traballando no desenvolvemento da Lei do litoral. No último trimestre de 2024 constituíuse a Comisión Interdepartamental de Coordinación da Ordenación do Litoral, á que lle compete a coordinación da elaboración destas directrices, así como dos instrumentos que as desenvolverán, e avanzouse, a través do seu sometemento ao procedemento de consulta pública previa, na creación do Foro do Litoral, como órgano de asesoramento.

A maiores, xa está á disposición da cidadanía, empresas e administracións un visor web a través do que se pode acceder á información cartográfica das tres zonas en que a Lei do litoral de Galicia divide a costa e coñecer tanto a área na que se localizan os terreos do seu interese como os usos permitidos.

Cómpre lembrar que coa aprobación da Loxilga, Galicia converteuse na primeira comunidade española en regular a través dunha normativa propia e integral a franxa costeira en toda a súa extensión, é dicir, tanto mar dentro como terra dentro. De feito, a través dela a Xunta xestionará algo máis de 1.600.000 hectáreas terrestres e marítimas.

 Partindo da consideración da costa desde unha tripla perspectiva (social, ambiental e económica), a lei, ademais de delimitar as actuacións e usos estratéxicos que permitirán a ocupación e o asentamento da costa a través das autorizacións pertinentes, establece unha nova zonificación desta franxa, con tres grandes áreas diferenciadas en función do seu estado de conservación e necesidades particulares, ao tempo que concreta os usos permitidos e prohibidos no litoral.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/01/2025
881040 {"title":"Rueda anuncia que a Xunta inicia a elaboración das directrices de ordenación do litoral, que serán o instrumento clave para garantir a xestión integral da costa","published_date":"2025-01-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/151433-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"881040"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-27/881040-rueda-anuncia-xunta-inicia-elaboracion-das-directrices-ordenacion-do-litoral-seran-instrumento-clave-garantir-xestion-integral-da-costa https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.