A Xunta modernizará o Museo Pedagóxico de Galicia co maior investimento desde a súa inauguración

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Román Rodríguez presenta esta ambiciosa actuación para acadar un edificio máis eficiente, accesible e mellor dotado logo de dúas décadas en funcionamento
  • A Consellería investirá este ano máis de 500.000 euros no Mupega, que en 2024 superou os 8.000 visitantes e máis de 18.000 persoas empregaron os seus recursos
  • Trátase dun museo que permite comprobar a gran evolución do ensino galego ao longo do tempo e a súa contribución ao desenvolvemento e o progreso

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2025

A Xunta de Galicia ten previsto iniciar en maio as obras de remodelación do Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), nas que investirá máis de 500.000 euros. O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, achegouse ás instalacións en Santiago para dar conta dos detalles dunha obra "moi ambiciosa", logo de dúas décadas de funcionamento, e que suporá a reforma de maior calado feita nas súas instalacións.

Este espazo expositivo especializado foi inaugurado en 2004 co obxectivo de recuperar, protexer, mostrar e difundir o noso patrimonio educativo e a evolución da escola a través do tempo. "As súas pezas teñen un gran valor histórico, e a través delas podemos ver a enorme evolución que tivo o sistema educativo galego", afirmou o titular de Educación, quen sinalou este museo como o "reflexo que constata o progreso social de Galicia". O valor expositivo do Mupega constátase nos máis de 8.000 visitantes que tivo no 2024, así como nos 18.000 usuarios que empregaron os seus recursos físicos e online.

Segundo explicou Román Rodríguez, a finalidade desta actuación, enmarcada no Plan de nova arquitectura pedagóxica que acadará os 500M€ de investimento ata 2028, é facer o edificio máis eficiente e accesible ao tempo que lograr un mellor aproveitamento dos espazos e darlle un impulso de calidade ao proxecto expositivo para o que foi pensado. 

Descrición das obras

Actuarase sobre unha superficie de 670 metros cadrados e a previsión de que estean concluídas no outono se a contratación e a obra se desenvolven con normalidade.

Así pois, acometerase a redistribución e renovación dos espazos da planta baixa, coa dotación de novos baños, zona de lactación e almacén de limpeza. Tamén se habilitará un novo espazo para aula modelo de exposición máis amplo e accesible, así como un acceso ao ascensor e un novo espazo de recepción. Así mesmo,  substituirase o falso teito existente por outro novo e todas as luminarias por luces LED, ademais da colocación dun pavimento vinílico acústico que fará o espazo máis confortable. 

Na zona expositiva central, demolerase a estrutura de madeira intermedia para deixar un espazo máis diáfano. Na zona de auditorio, procederase ao cambio de  pavimento, á ampliación da zona de escenario e á renovación do mobiliario. Tamén se dotará esta zona dun acceso para mobilidade reducida e habilitaranse novas prazas para usuarios en cadeira de rodas. Incorpórase ventilación e climatización, nova iluminación e paneis acústicos en paramentos e teitos. Finalmente, colocarase unha nova rampla de acceso secundario á dereita da biblioteca que será habilitada como saída de emerxencia. 

Obras en centros educativos composteláns

A intervención no Mupega completa un conxunto de actuacións previstas polo Goberno galego na cidade compostelá, que se atopan en distintas fases e que acadan este ano un investimento de case 7M€ por parte da Consellería de Educación. Trátase da mellora do pavillón de talleres do Politécnico por 353.000€, a mellora do Instituto IES Pontepedriña por un importe de 317.00€ e a reforma do Mupega por 504.000, as tres xa licitadas. Por outra parte, xa foi adxudicada a ampliación do Instituto IES Eduardo Pondal por 3M€.

Así mesmo, a Consellería ten en carteira para este ano a rehabilitación integral do IES Arcebispo Xelmírez II (2 M€) e a renovación das cuberta e dotación dun ascensor do IES Plurilingüe Rosalía de Castro (500.000€) para a súa licitación ao longo deste ano. 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 25/01/2025
879474 {"title":"A Xunta modernizará o Museo Pedagóxico de Galicia co maior investimento desde a súa inauguración","published_date":"2025-01-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/151413-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"879474"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-25/879474-xunta-modernizara-museo-pedagoxico-galicia-co-maior-investimento-sua-inauguracion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.