Gómez Caamaño subliña o traballo da Real Academia de Medicina de Galicia a prol da docencia e da investigación científica, determinante na mellora continua do sistema sanitario público
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Refírese aos retos que debe afrontar a sanidade pública, como o déficit de profesionais, e incide nas grandes oportunidades que se abren no eido da oncoloxía
- Subliña que Galicia avanza a pasos axigantados nesta materia, mellorando as capacidades de diagnóstico e tamén os tratamentos fronte ao cancro
- Detalla que o programa de cribados, os novos tratamentos CAR-T, o Centro de Terapias Avanzadas ou o Centro de Protonterapia sitúan Galicia en punta de lanza
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Coruña, 24 de xaneiro de 2025
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, puxo en valor o traballo fundamental que realiza a Real Academia de Medicina de Galicia a prol da docencia, da investigación e da divulgación científica, contribuíndo de xeito claro e directo á mellora do sistema sanitario da comunidade, pola súa vocación de servizo público.
O titular da carteira sanitaria do Executivo galego interveu na cidade herculina na sesión inaugural do novo curso da Real Academia de Medicina de Galicia, onde subliñou o saber e a experiencia que acumula esta institución, o que se reflicte nas diferentes sesións científicas e as actividades que desenvolve.
Gómez Caamaño incidiu no apoio da Academia á investigación e ao talento. Aproveitou a súa intervención para felicitar no nome da Xunta aos investigadores premiados no acto, polo empeño que poñen en levar o seu coñecemento ao eido asistencial para o beneficio final do paciente, sendo aliados da mellora continua e da optimización do sistema sanitario público.
O conselleiro incidiu nun dos grandes retos da actualidade sanitaria que é o de facer fronte ao déficit de profesionais, á vez de ser un momento de decisivo en diversos temas, entre os que citou a oncoloxía.
Ao respecto, sinalou que Galicia está a avanzar na oncoloxía de precisión, mellorando as capacidades de diagnóstico e os tratamentos.
Gómez Caamaño detallou que o amplo programa de cribados de cancro, a constitución do Comité Molecular de Tumores galego esta mesma semana, os tratamentos CAR-T, o Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas ou o Centro de Protonterapia de Galicia, sitúan Galicia en punta de lanza.
Rematou a súa intervención coa posta en valor do traballo que realiza a Real Academia de Medicina a prol do impulso da boa práctica profesional, do coñecemento científico e da investigación, cos que contribúe de xeito decisivo a que a comunidade galega conte cun servizo de saúde público de calidade.