Manuel Pardo sinala ao termalismo como unha das potencialidades turísticas das comarcas do Carballiño e O Ribeiro

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O delegado territorial da Xunta en Ourense destacou "o potencial sen límite" do termalismo na comarca O Ribeiro - Carballiño, "onde afloran centos de mananciais de augas termais que están callando nas súas beiras os máis modernos balnearios de Europa"
  • Manuel Pardo tamén louvou as súas singularidades enogastronómicas, as súas paisaxes indescritibles e o poder do seu patrimonio e da súa historia
  • O representante do Goberno galego resaltou que a Xunta de Galicia presentou recentemente un novo Plan Termal,  que se impulsará neste ano, co obxectivo de impulsar de forma definitiva este sector, e de potenciar a imaxe de Galicia como destino termal

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Ourense, 23 de xaneiro de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, destacou "o potencial sen límite" do termalismo na comarca O Ribeiro - Carballiño, "onde afloran centos de mananciais de augas termais que están callando nas súas beiras os máis modernos balnearios de Europa que desenvolven as terapias máis innovadoras; concepto termal que cristalizou na feira de Termatalia".

Así o fixo, esta mañá na presentación deste xeodestino na Feira Internacional de Turismo, en Madrid, na que tamén louvou as súas singularidades enogastronómicas, as súas paisaxes indescritibles e o poder do seu patrimonio e da súa historia.

O delegado territorial puxo en valor a filosofía do Goberno de Galicia na insistencia dos xeodestinos, por compartir as potencialidades e recursos de municipios e comarcas para valorizar destinos e puntos de confluencia, e así, ser máis eficientes na organización turística, nas técnicas de chamada e os reclamos publicitarios.

Manuel Pardo lembrou que o polbo, o pan, o viño e os recursos termais dentro dun clima, unha orografía, e a biodiversidade do medio, conforman unha paisaxe singular na que conflúen os vales do Avia e do Miño. Na pel das súas augas é un privilexio practicar deportes como a vela, o remo e o piragüismo.

Novo Plan Termal

O  representante do Goberno galego resaltou que a Xunta de Galicia presentou recentemente un novo Plan Termal,  que se impulsará neste ano, co obxectivo de impulsar de forma definitiva este sector, e de potenciar a imaxe de Galicia como destino termal.

Galicia é a primeira potencia termal de España, en gran parte grazas a Ourense que é a segunda cidade europea con máis fontes termais, por iso a Xunta creou a Área de Turismo Termal, con sede en Ourense que ten como principal obxectivo a proxección exterior de Galicia como un referente no termalismo.

Salientou o delegado territorial que o turismo termal en Galicia é un dos produtos turísticos con maior grao de especialización e singularidade. "Con maior capacidade de desestacionalización da demanda e con poder para a captación de máis segmentos de público, cun gran atractivo para a articulación de oferta turística combinada con outros produtos ou servizos relacionados co patrimonio cultural, natural, enogastronómico e deportivo"; manifestou

Agora, co novo Plan preténdese afondar na consolidación do sector en Galicia.  Entre outras medidas, esta folla de ruta incluirá unha liña de axudas de 8 millóns de euros para, segundo explicou Manuel Pardo, "crear novos establecementos ou para mellorar os actuais"; "un manual de boas prácticas" para establecer estándares de calidade claros; un observatorio que exercerá de ferramenta de investigación turística; unha aposta pola formación continua especializada; e, ademais, novos produtos turísticos e distintas accións de marketing.

Un Plan que, segundo o representante do Goberno galego, se enmarca na aposta da Xunta por un sector con moito potencial e gran "capacidade para seguir medrando".

Por todo iso, -concluíu Manuel Pardo- "desde a responsabilidade e o compromiso de representar aquí en Madrid, na feira de turismo máis importante do mundo, á Xunta de Galicia; desexo apuntar as deidades, dunha terra sen complexos, nin vestimentas artificiais que sabe que pode ofrecer un destino singular e diferencial a quenes desexen visitarnos".

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 23/01/2025
876369 {"title":"Manuel Pardo sinala ao termalismo como unha das potencialidades turísticas das comarcas do Carballiño e O Ribeiro","published_date":"2025-01-23","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/150769-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"876369"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-23/876369-manuel-pardo-sinala-ao-termalismo-como-unha-das-potencialidades-turisticas-das-comarcas-do-carballino-e-ribeiro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.