A Xunta remite a documentación definitiva da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Así o anunciou esta tarde o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, na presentación celebrada en Fitur, a Feira Internacional de Turismo en Madrid
  • Salienta que o Executivo autonómico cumpriu cos "trámites e tempos exixidos" na entrega do expediente ao Ministerio de Cultura que, tras a súa revisión, xa o presentou no Centro de Patrimonio Mundial en París "antes do prazo máximo"
  • Destaca as "boas sensacións" recollidas durante todo o proceso, que fai que se teña o "convencemento" de que se acadará este recoñecemento internacional en 2026

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Madrid, 22 de xaneiro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou hoxe en Fitur, que a Xunta xa ten entregada toda a documentación definitiva da candidatura da Ribeira Sacra: Paisaxe da auga a Patrimonio Mundial. Fíxoo nunha presentación no expositor de Galicia na Feira Internacional de Turismo xunto co Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

"Galicia cumpriu rigorosamente cos trámites e cos tempos exixidos", aseverou o representante de Cultura Goberno galego, quen precisou que, nun primeiro lugar, a Xunta realizou o envío do expediente definitivo ao Ministerio de Cultura, xa que lle corresponde a este departamento a presentación ante o Centro de Patrimonio Mundial, situado na capital francesa. "E así se fixo, tras a súa revisión, e antes do prazo máximo marcado, que era o 1 de febreiro", valorou o conselleiro.

"Trátase de pasos claves co obxecto de que agora toda esta documentación sexa revisada polos organismos avaliadores da Unesco", precisou López Campos. Ante esta novo escenario, asegurou que a Xunta afronta con "boas expectativas" esta recta final da candidatura, que cualificou de "madura, mellorada e ampliada" e da que apuntou que nela se tivo en conta a importancia da auga e das achegas de técnicos, expertos, veciños e axentes locais.

Ao respecto, fixo fincapé en que a proposta presenta unha paisaxe construída co uso da auga "dun xeito novidoso que non está presente aínda de xeito suficiente na Lista de Patrimonio Mundial", argumentou o máximo responsable de Cultura do Goberno galego.

Boas sensacións durante todo o proceso

Precisamente, enxalzou as "boas sensacións" recollidas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude durante todo este proceso e agradeceu a "total implicación e o compromiso" tanto aos equipos técnicos da área de patrimonio como do Ministerio de Cultura e a Embaixada de España ante a Unesco.

Neste senso, insistiu en que desde o Goberno galego se ten o "convencemento de que a recompensa a todo este traballo conxunto está preto e que en 2026 todo o mundo recoñecerá o gran valor da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da Unesco".

No acto, ademais do conselleiro, tamén formaron parte a directora xeral de Patrimonio Cultura, Mª del Carmen Martínez, o presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián, e os presidentes das Deputacións provinciais de Lugo e Ourense, José Tome e Luis Menor, respectivamente.

Seis atributos de Patrimonio Mundial

O conselleiro lembrou que a candidatura da Ribeira Sacra: Paisaxe da Auga pon en valor que se está ante un territorio que abrangue as provincias de Lugo e Ourense e que posúe "un valor universal e excepcional". Precisamente, a proposta céntrase en seis atributos especiais para deixar constancia do seu carácter único.

Un destes valores que se enxalzan son os canóns e vales fluviais esculpidos pola auga e que achegan uns espectaculares trazos físicos que dan á paisaxe cultural un toque singular. En concreto, a candidatura fai fincapé nos meandros, no encaixe no territorio e na paisaxe dos ríos Miño e Sil, nas topografías abruptas, na rede hidrográfica ou nos cursos da auga, entre outros. Así mesmo, ponse en valor unha estrutura territorial singular marcada polo sinal da auga, que se reflicten nas particulares formas de ocupación do espazo fluvial e tamén na organización en diferentes parroquias.

Por outra banda, a proposta dá un espazo relevante ao patrimonio hidráulico, con infraestruturas que teñen chegado aos nosos días desde a revolución tecnolóxica medieval á irrupción da hidroelectricidade. Así, recóllense no expediente a numerosa cantidade de muíños, centrais ou os saltos impresionantes de auga.

A permanencia dos sistemas tradicionais de cultivo nas vertentes dos canóns fluviais constitúen outros dos elemento estrela da candidatura, onde se destacan as terrazas e socalcos, escenarios dunha forma de viticultura extrema en pendente, que ten merecido o cualificativo de 'heroica'. Outros dos atributos resaltados na proposta afecta á pegada eremítica e monástica e o papel relevante neste territorio dos mosteiros ou as igrexas. Por último, a candidatura ten ao seu favor a carta do capital biocultural e do patrimonio inmaterial, como son as estas e tradicións, a sacralización de fontes ou minas, a toponimia ou os mitos e lendas vencelladas á auga.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 22/01/2025
874934 {"title":"A Xunta remite a documentación definitiva da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial","published_date":"2025-01-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/150672-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"874934"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-22/874934-xunta-remite-documentacion-definitiva-da-candidatura-da-ribeira-sacra-patrimonio-mundial https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.