A Xunta pon en valor a riqueza histórica e monumental do patrimonio señorial de Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2025
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, puxo en valor hoxe a "riqueza histórica, monumental e documental" que acubilla o patrimonio señorial de Galicia, "tamén en materia de léxico e toponimia". Así o salientou na inauguración no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, da exposición itinerante Os nosos castelos: San Paio de Narla e os seus señores.
A mostra está organizada polo Instituto de Estudios Gallegos del Padre Sarmiento e conta co apoio da Xunta de Galicia para difundir entre a sociedade a riqueza histórica e cultural das fortalezas galegas. Neste caso concreto, a través da historia do castelo de San Paio de Narla, situado en Santa María de Xiá, no concello lucense de Friol.
O representante da consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destacou o labor "divulgativo e histórico" desta exposición e gabou a estrutura da mesma para dar a coñecer dun "xeito didáctico e máis que interesante" a evolución arquitectónica, o seu contexto señorial, as liñaxes asociadas á súa historia e o seu legado documental e literario.
Cómpre lembrar que o castelo de San Paio de Narla foi convertido en museo histórico e etnográfico en 1983 e a súa estrutura actual, que data dos séculos XVI e XVII, eríxese sobre os restos da fortaleza destruída durante as revoltas Irmandiñas do século XV.