A Xunta destaca o labor do Ceida para espertar a conciencia ambiental da cidadanía con máis de 1.500 accións formativas en 2024 e 48.000 participantes
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Ángeles Vázquez salienta o traballo que desenvolve a entidade coa organización dunha ampla oferta de actuacións de dinamización, sensibilización, divulgación, formación e comunicación, así como de educación ambiental e asesoramento
- A Consellería é copadroa da entidade e manterá a súa colaboración económica co organismo durante o ano 2025, cunha achega de case 128.000 euros
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Oleiros (A Coruña), 21 de xaneiro de 2025
A Xunta de Galicia puxo hoxe en valor o labor que realiza o Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental (Ceida) desde hai anos no eido da educación ambiental, espertando a conciencia da cidadanía no respecto e o coidado ao medio ambiente a través dunha completa e variada programación de actividades. Así, ao longo do ano pasado impartíronse un total de 1.525 accións formativas e de divulgación nas que participaron 48.332 persoas.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, participou esta mañá no consello de dirección e na comisión executiva do Ceida, onde se presentou o informe das actividades desenvolvidas pola entidade en 2024 (cun incremento do número de actuacións do 2,14%) e se analizou o plan de traballo para este ano.
Ao respecto, a responsable autonómica lembrou que o Ceida é un dos centros de referencia en materia de educación ambiental de todos os sectores sociais da Comunidade e salientou o traballo que realiza na procura da preservación e mellora do noso patrimonio natural e no fomento das boas prácticas cidadás nesta materia.
Para desenvolver este labor, precisamente, cómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, como copadroa do centro, é corresponsable das actividades que promove e organiza.
De feito, a Xunta e o Ceida renovan periodicamente a súa colaboración e, de cara a 2025, o departamento autonómico financiará con 127.975 euros diferentes tipos de actuacións agrupadas arredor de 5 eixos xerais.
Así, ademais de cooperar nos programas de educación ambiental e no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, haberá exposicións itinerantes para comunicar os principais valores naturais de Galicia, desenvolverase unha campaña de dinamización e sensibilización en torno ás Reservas de biosfera —con 7 espazos en Galicia baixo esta figura—, e outra formativa e de comunicación sobre a importancia das áreas protexidas. Así mesmo, porase á disposición da cidadanía e das entidades interesadas os recursos do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga.