Belén do Campo supervisa a zona na que se levará a cabo o acondicionamento da AC-421 na Agualada, en Coristanco, que suporá un investimento de case 764.000€ e inclúe unha senda peonil

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A Xunta prevé licitar a execución das obras ao longo do exercicio
  • Trátase da humanización do treito inicial desta vía, que inclúe a execución dunha senda peonil, a mellora de beiravías, do firme e da drenaxe
  • Comunicaranse co núcleo de Agualada as vivendas dispersas situadas ao longo de estrada ata o punto quilométrico 0+750 mediante unha senda pola marxe dereita
  • No tramo entre os puntos quilométricos 0+712 e 0+727, coincidindo co cruzamento sobre o Río Calvar, acometerase unha pasarela de madeira de 15 metros

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Coristanco (A Coruña), 20 de xaneiro de 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo,  acompañada polo alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, e pola directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, visitaron a zona na que se vai a realizar  o acondicionamento da estrada AC-421 na Agualada, que suporá un investimento de case 764.000€. O proxecto aprobouse recentemente no Consello da Xunta.

A delegada tamén informou na visita que se vén de aprobar o trámite de información pública e o informe das administracións afectadas.

A representante do Goberno autonómico adiantou que se  prevé licitar a execución das obras ao longo do exercicio e ten un prazo de execución de 6 meses.

Belén do Campo, explicou que se trata dunha obra de humanización do treito inicial desta vía autonómica ao seu paso polo municipio coruñés, na que se inclúe a execución dunha senda peonil, a mellora de beiravías, do firme e da drenaxe. As actuacións consistirán na reorganización de espazos e a mellora dos pavimentos no tramo de travesía da AC-421 comprendido entre o punto quilométrico 0 e o 0+135, ampliando beirarrúas coa diminución do ancho de calzada e redistribuíndo as zonas de aparcamento, dando maior protagonismo ao peón.

O obxectivo da actuación é comunicar co núcleo de Agualada as vivendas dispersas situadas ao longo de estrada ata o punto quilométrico 0+750 mediante unha senda pola marxe dereita. Na actualidade, este tramo carece de beiravía ou beirarrúa, polo que con esta actuación perséguese o fomento da mobilidade sostible en condicións seguras.

Doutra banda, para mellorar a drenaxe da vía darase continuidade á cuneta formigonada existente no quilómetro 0+980 pola marxe esquerda ata as casas situadas no punto 0+750.

Ademais, entre os puntos quilométricos 0+712 e 0+727, coincidindo co cruzamento sobre o Río Calvar, acometerase unha pasarela de madeira de 15 metros de longo apoiada en estribos cargadeiro de formigón. 

Tamén se levará a cabo a rehabilitación do firme entre os puntos quilómetros 0 e 0+980, no enlace coa autoestrada A Coruña-Carballo (AG-55), incluíndo a execución dunha cuneta de seguridade pola marxe esquerda entre os puntos quilométricos 0+750 e 0+980.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 21/01/2025
873425 {"title":"Belén do Campo supervisa a zona na que se levará a cabo o acondicionamento da AC-421 na Agualada, en Coristanco, que suporá un investimento de case 764.000€ e inclúe unha senda peonil","published_date":"2025-01-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/149888-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"873425"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-21/873425-belen-do-campo-supervisa-zona-na-se-levara-cabo-acondicionamento-da-ac-421-na-agualada-coristanco-supora-investimento-case-764-000-e-inclue-unha-senda-peonil https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.