Os centros educativos galegos ofrecerán por primeira vez este verán máis de 9.000 prazas en campamentos gratuítos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O Consello aproba Dixicamp, un novo programa centrado na mellora das competencias dixitais do alumnado, con especial atención ao de contornas vulnerables
  • O presidente da Xunta explicou que as estadías, en quendas dunha semana, "serán totalmente de balde para as familias", e os estudantes estarán baixo a supervisión de profesionais especializados
  • Indica que se destinarán "máis de 2 M€ a esta nova iniciativa, que se desenvolverá nas vacacións escolares", entre o 23 de xuño e o 5 de setembro
  • O obxectivo desta medida, enmarcada na Estratexia de educación dixital 2030, é que perfeccionen as súas destrezas ao tempo que se facilita a conciliación

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe a aprobación no Consello da Xunta dunha iniciativa en materia de formación e conciliación grazas á cal este verán "os centros educativos ofrecerán por primeira vez campamentos gratuítos de balde para as familias". Trátase do novo programa Dixicamp, que contará con máis de 9.000 prazas gratuítas e cuxa temática se centrará na mellora das competencias dixitais do alumnado. Para levar a cabo esta medida "investiranse máis de 2 M€", indicou.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional deu conta deste programa, dirixido ao alumnado de entre 9 e 17 anos, para estadías en quendas dunha semana de duración que, tal e como apuntou Rueda, "terán lugar desde o 23 de xuño ata o 5 de setembro, é dicir, coincidindo co período de vacacións escolares", cando os centros abrirán para acoller esta iniciativa.

Estes campamentos estarán "atendidos por profesionais especializados en competencias dixitais" contratados especificamente, xa que o obxectivo é reforzar os coñecementos do alumnado nese ámbito e, deste xeito, "contribuír a atallar a fenda dixital", en cumprimento do mandato da Unión Europea ao respecto. Paralelamente, configúrase como unha medida de apoio á conciliación das familias na época estival, unha vez que remata o período lectivo.

Destinatarios, itinerarios e solicitudes

Así pois, a través dunha convocatoria pública, a Consellería de Educación porá a disposición dos centros educativos "un total de 9.330 prazas nestes campamentos", con especial atención ao alumnado de contornas vulnerables por cuestións de índole socioeconómica, por ter unha discapacidade ou por residir en zonas con baixa conexión, entre outras.

Serán os propios centros educativos os que solicitarán participar nesta iniciativa a través dunha convocatoria que a Consellería dará a coñecer nas vindeiras semanas.

Haberá dous itinerarios formativos: un de competencias básicas, dirixido a alumnos de entre 9 e 13 anos de idade; e outro de competencias avanzadas, para alumnos de entre 14 e 17 anos, organizados en grupos de entre 15 e 25 alumnos. "O alumnado que supere o curso poderá certificar 30 horas de formación", explicou Alfonso Rueda. Para o desenvolvemento das actividades, os rapaces e rapazas contarán con materiais dixitais específicos e metodoloxías activas.

Formar cidadáns do século XXI

Este programa, financiado con fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, súmase ao conxunto de iniciativas impulsadas pola Consellería de Educación para reforzar a competencia dixital do alumnado galego de acordo coa Estratexia de educación dixital 2030, enfocada a xerar un ecosistema dixital nos centros educativos e formar tanto ao profesorado como ao alumnado nestas novas competencias e tecnoloxías.

Non en balde, xa están asentadas unha serie de iniciativas e programas en materia de innovación educativa no ámbito da educación dixital co fin de que o alumnado mellore as súas competencias dixitais e tecnolóxicas como son os programas de polos creativos, clubs de ciencia, Stembach, DixitalWeek, SpringWeek ou a Biblioteca creativa.

Nesta liña, Rueda recordou que Galicia "foi pioneira na posta en marcha dun proxecto para acreditar competencias dixitais", a través do cal xa se levan emitido máis de 40.000 acreditacións para estudantes de ESO, bacharelato, FP e ensinanzas profesionais, e case 33.000 para docentes.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 20/01/2025
872840 {"title":"Os centros educativos galegos ofrecerán por primeira vez este verán máis de 9.000 prazas en campamentos gratuítos","published_date":"2025-01-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/149633-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"872840"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-20/872840-os-centros-educativos-galegos-ofreceran-primeira-vez-veran-mais-9-000-prazas-campamentos-gratuitos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.