López Campos destaca o papel das rondallas na promoción e difusión da música popular e a cultura
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A sétima edición deste certame conta co apoio da Xunta no marco do seu compromiso coa preservación e a posta en valor deste "patrimonio sonoro"
- O titular de Cultura gaba o labor da federación nesta cita, que conta con máis de 1.200 rondalleiros de 14 agrupacións procedentes de Vigo, Mos, O Porriño, Gondomar, Nigrán e Tui
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 18 de xaneiro de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, ao VII Certame de Rondallas da área de Vigo, celebrado no Instituto Feiral coa participación de máis de 1.200 rondalleiros.
No acto, o responsable autonómico de Cultura, destacou o papel destas agrupacións na promoción e difusión da música e da cultura popular. Neste senso, gabou o labor da Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo por conformar un colectivo que comparte a paixón por esta expresión artística que "busca preservar un legado tan valioso como é a música tradicional galega".
A cita, na que participaron as 14 agrupacións procedentes de Vigo, Mos, O Porriño, Gondomar, Nigrán e Tui, conta co apoio da Xunta no marco do seu compromiso coa preservación e a posta en valor deste "patrimonio sonoro". Estas formacións, que contan con arredor de 100 compoñentes cada unha, integran características especiais como son os diferentes tipos de música que combinan, a vestimenta de cada agrupación e o seu xeito característico de desfilar.