A intensidade da gripe en Galicia mantense nun nivel baixo con tendencia crecente

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O último informe de actividade gripal elaborado pola Consellería de Sanidade indica que a taxa de consultas por gripe aumentou un 107 % na última semana
  • Pola contra, a dispensación de antigripais e probas de antíxenos nas farmacias sentinela minguou nos últimos sete días
  • Na segunda semana do ano ingresaron no hospital 150 persoas con gripe confirmada
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública recomenda o emprego da máscara en pacientes con síntomas respiratorios e os profesionais que os atenden, así como para determinados grupos de risco ou dispositivos asistenciais
Imagen del artículo A intensidade da gripe en Galicia mantense nun nivel baixo con tendencia crecente
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2025

A Consellería de Sanidade publica, na súa páxina web o informe de actividade das infeccións respiratorias agudas correspondente á segunda semana do ano que determina que a intensidade da gripe continúa en nivel baixo aínda que con tendencia crecente.

Segundo os datos, a taxa de consultas por gripe nos servizos de atención primaria aumentaron un 107 % con respecto da semana previa e fica en 73,4 consultas por 100.000 habitantes. O incremento obsérvase en todos os grupos de idade, agás no de 0 a 4 anos. O grupo coa maior taxa de consultas foi o de 20 a 59 anos. Por áreas sanitarias, a taxa de consultas foi superior en todas elas, destacando a área sanitaria de Ourense Verín e O Barco de Valdeorras.

O Plan sanitario de inverno da Xunta desta temporada recolle de forma innovadora a vixilancia epidemiolóxica a través das achegas dunha rede de farmacias sentinela. Desta forma, os datos remitidos á Dirección Xeral de Saúde Pública reflicten que as taxas de dispensación de antigripais e probas de antíxenos minguaron respecto da primeira semana do ano 2025.

En canto aos ingresos hospitalarios, na semana do 6 ao 13 de xaneiro de 2025 ingresaron 150 persoas con gripe confirmada, isto é un 27 % máis que a semana anterior.

No que vai de temporada da gripe notificáronse 481 ingresos, a maioría deles con virus tipo A.

A Dirección Xeral de Saúde Pública recomenda o emprego da máscara aos pacientes con síntomas respiratorios e aos profesionais que os atenden, así como en determinados grupos de risco ou dispositivos asistenciais como poden ser as urxencias hospitalarias.

O informe de actividade das infeccións respiratorias agudas indica que a razón de casos por médico de covid-19 mantívose estable mentres que a taxa de consultas aumentou un 18,4 %.

Pola súa banda, no que atinxe ao Virus Respiratorio Sincitial (VRS) a taxa de ingresos no conxunto da poboación foi de 1,6 ingresos por 100.000 habitantes, un dato inferior ao da semana pasada (3,8 ingresos por 100.000 habitantes).

No seguinte enlace pódese acceder ao último informe de actividade das infeccións respiratorias agudas en Galicia:

https://www.sergas.gal/Saude-publica/Informes-de-vixilancia-das-infeccions-respiratorias-agudas-IRAs

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 16/01/2025
866991 {"title":"A intensidade da gripe en Galicia mantense nun nivel baixo con tendencia crecente","published_date":"2025-01-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"866991"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-16/866991-intensidade-da-gripe-galicia-mantense-nun-nivel-baixo-tendencia-crecente https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.