Belén do Campo destaca o investimento de 319.500€ na mellora de infraestruturas rurais de Mazaricos entre 2023 e 2025

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A delegada da Xunta avaliou co alcalde esas aportacións que servirán tanto para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas como para a rehabilitación de camiños en zonas de concentración parcelaria
  • Na comarca do Barbanza reciben axudas do Plan Marco 9 concellos por un importe de máis de 532.000€ na convocatoria 24-25
Imagen del artículo Belén do Campo destaca o investimento de 319.500€ na mellora de infraestruturas rurais de Mazaricos entre 2023 e 2025
Mazaricos (A Coruña), 15 de xaneiro de 2025

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e a directora territorial da Consellería de Medio Rural, Nieves Mancebo, visitaron hoxe o concello de Mazaricos e salientou alí o investimento de máis de 319.000 euros para varias intervencións ao amparo do Plan Marco de Mellora de camiños rurais de acceso a parcelas agrícolas e tamén do Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración e reestruturación parcelaria, unha nova orde de axudas publicada o ano pasado.

No primeiro caso, do Plan Marco, dotado en Galicia con case 19,5 millóns de euros para 2024 e 2025, o que supón o orzamento máis alto dende 2017. En concreto, no marco desta convocatoria 24-25, fináncianse actuacións por máis de 77.800 para a mellora do camiño de Lago a Pazos de Vaos, o camiño de Cerca en Atán e a pista de Fontes en Pidre, un investimento que se une ao realizado no 23-24 de case 77.700 que permitiu a mellora dos camiños de Atán e Colúns. A delegada da Xunta informou que na comarca do Barbanza reciben, na convocatoria 24-25, estas axudas 9 concellos por un importe total de máis de 532.000 euros.

Estas axudas promoven a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas co fin último de aumentar a competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias e nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado.

Durante o período 2016-2024 contou cunha dotación orzamentaria de máis de 130 millóns de euros, permitindo a mellora de máis de 5.450 camiños e máis de 4.280 quilómetros de vías rurais e a provincia da Coruña foi a que máis importe económico recibiu desta iniciativa na etapa mencionada, superando os 40 millóns de euros, e polo tanto, na que máis actuacións se produciron.

A delegada engadiu que a través de iniciativas coma esta, "a Xunta mantén o compromiso coa promoción e coordinación do desenvolvemento do territorio rural galego". O Plan Marco ten unha traxectoria que se remonta a 2013.

En cada convocatoria do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas repártense entre os 313 concellos os fondos dispoñibles e corresponde a cada un deles a elección dos camiños sobre os que se considera preciso actuar, así como o proxecto de obra de ampliación, mellora ou mantemento. Ademais, estes están obrigados a contratar un servizo externo de control de calidade das obras executadas.

Camiños parcelarias

Con respecto ao Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria finalizadas, dotado con 6 millóns de euros, Mazaricos recibiu, na convocatoria de 2024, máis de 164.000  euros para a mellora dos viarios municipais nos lugares da Gueima na concentración parcelaria de Maroñas, e nos camiños de Fornís  e Manda na concentración parcelaria de Coiro, cunha lonxitude total de 1.870 metros.

Unha segunda intervención contempla a mellora do lugar de Grille na concentración parcelaria de Antes II e nos viarios de Fírvado e Vilar da Costa na concentración parcelaria de Coiro, cunha lonxitude total de 2.340 metros.

A delegada lembrou que a Consellería do Medio Rural habilitou esta orde co obxectivo de facilitar a accesibilidade e a vertebración do territorio e, por tanto, a produtividade agraria e forestal.

Esta liña de axudas era a primeira vez que se poñía en marcha e estaba destinada a concellos que terminasen estes procesos. Estes fondos permitiron beneficiar a 38 municipios que cumprían o requisito de ter dentro dos seus límites zonas de reestruturación parcelaria terminadas, conter un mínimo de 10 quilómetros de camiños nelas e unha porcentaxe de uso da terra superior ao 39 %.

Dentro dos proxectos que se podían financiar con estas subvencións estaban actuacións como a limpeza e roza da plataforma ou das cunetas, a reparación de fochancas e outras obras complementarias, como a sinalización ou saneamento. Tamén, o mantemento e acondicionamento das infraestruturas rurais para que cumpran as súas funcións, pois o aumento da dimensión e tamaño da maquinaria agrícola fan necesario mellorar estes viarios. A contía asignada por municipio partía de 125.000 euros, podendo alcanzar un máximo de 200.000 en función da lonxitude das pistas e da superficie de concentración parcelaria. As obras incluídas neste plan deberían ter unha garantía de mantemento.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 15/01/2025
865258 {"title":"Belén do Campo destaca o investimento de 319.500€ na mellora de infraestruturas rurais de Mazaricos entre 2023 e 2025","published_date":"2025-01-15","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/148223-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"865258"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-15/865258-belen-do-campo-destaca-investimento-319-500-na-mellora-infraestruturas-rurais-mazaricos-2023-e-2025 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.