A Xunta leva o mellor sabor das rías galegas ao CEIP Lamas de Abade de Santiago coa campaña de 'GALICIA SABE AMAR'
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada da Xunta, Belén do Campo, remarcou o compromiso do Goberno galego coa posta en valor da calidade dos produtos da costa galega a través desta iniciativa

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou hoxe a foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR que se achegou ao CEIP Lamas de Abade de Santiago de Compostela onde enxalzou os produtos das rías galegas e instou a que sexan parte dunha dieta saudable e equilibrada que elevará a calidade de vida dos seus consumidores. A delegada da Xunta sinalou que esta iniciativa reforza o apoio do Goberno galego á promoción e á posta en valor da calidade dos produtos da costa galega. Os alumnos de infantil e primaria visitaron a foodtruck ao longo da xornada organizados en catro quendas.
Santiago de Compostela volve a ser un dos municipios nos que está presente unha das catro furgonetas que están a percorrer o territorio galego para promocionar a dieta atlántica. No marco desta iniciativa elabóranse un total de 13 receitas nas que o principal ingrediente é o produto local, dende o bonito do norte, o mexillón de Galicia ou o berberecho de Noia. En definitiva, os peixes e mariscos amparados polo selo de calidade pescadeRías.
Esta acción, cuxa primeira edición tivo lugar no 2021, percorre os núcleos de máis de 1.000 habitantes e está presente en eventos deportivos, culturais, festas gastronómicas ou centros de ensino, ata outubro do 2025, realizando un total de 1.400 degustacións. O obxectivo é chegar tanto a maiores como á mocidade, na súa calidade de consumidores do mañá, promocionando as propiedades gastronómicas dos alimentos mariños e inculcando hábitos alimenticios saudables.
Deste xeito, a iniciativa continúa renovándose co compromiso de por en valor a importancia socioeconómica do sector, a través da xestión sostible dos recursos e de garantir a trazabilidade e a seguridade alimentaria. A representante do Goberno autonómico resaltou que o peixe, marisco e conservas son unhas fontes excepcionais de proteína cun importante impacto positivo na saúde da cidadanía. Ademais, recordou o peso da cadea mar-industria na economía de Galicia na que traballan ao redor de 50.000 persoas da comunidade e que representa entorno ao 5% do PIB autonómico.