A Xunta investirá en 2025 máis de mil millóns para que a asistencia sanitaria na área sanitaria de Vigo continúe a ser punteira

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Sanidade remarca que o Hospital público Álvaro Cunqueiro é unha infraestrutura de vangarda e referente europeo, que marcou un antes e un despois na capacidade e calidade da asistencia sanitaria en Vigo
  • Subliña que, case 10 anos despois da súa posta en servizo, é un hospital novo, en perfecto estado de mantemento e así será ao fin da concesión
  • Subliña o investimento de 15 M€ que a Xunta destina ao Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia, que estará funcionando este ano e mellorará a asistencia sanitaria, non só en confort, accesibilidade e equipamento, senón tamén en novas prestacións

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Vigo, 14 de xaneiro de 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou esta tarde que dos aproximadamente 5.450 millóns de euros que en 2025 se invisten na sanidade pública galega, máis de 1.000 millóns se destinan a que a asistencia sanitaria que se lles presta aos veciños de Vigo siga a ser punteira.

O conselleiro, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, interveu nun encontro de traballo con representantes da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao, celebrado na delegación territorial. Na xuntanza tamén participaron o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Alfredo Silva, e o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente.

Na súa intervención inicial, o conselleiro de Sanidade incidiu en que o Hospital Álvaro Cunqueiro é un hospital público e ademais unha referencia en equipamento, deseño, condicións de traballo e sostibilidade. Segundo explicou, trátase dunha infraestrutura de vangarda e referente europeo, que marcou un antes e un despois na capacidade e calidade da asistencia sanitaria en Vigo.

Gómez Caamaño comparou os datos dos últimos catro anos de funcionamento do Hospital Xeral cos primeiros do Álvaro Cunqueiro, nos que a actividade cirúrxica programada se incrementou en 4.000 operacións máis ao ano (16 máis cada día); as probas diagnósticas aumentaron nun 308 %; e as sesións de quimioterapia para adultos incrementáronse un 93,5 %.

O conselleiro de Sanidade insistiu en que non se pode cuestionar a decisión adoptada en 2009 para a construción do hospital sen ter en conta o contexto da crise económica e a imperiosa necesidade que había de dotar a Vigo dun novo hospital. Incidiu en que non existía ningunha outra fórmula factible e viable daquela para poder facelo. Con outra fórmula, remarcou, as obras do novo hospital aínda a día de hoxe non estarían rematadas e non se tería afrontado a pandemia cun dos hospitais máis modernos de España.

Novas infraestruturas en Vigo

Lembrou que a Xunta, ademais de poñer en servizo recentemente o centro de saúde de Bouzas, está a investir 15 millóns de euros no novo Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia. Este centro, situado na antiga audiencia provincial na rúa Lalín, substituirá o centro de saúde López Mora e, ademais de ofrecer instalacións que achegarán maior confort, accesibilidade e equipamentos, permitirá completar a carteira de servizos de atención primaria con fisioterapia, odontoloxía e farmacia.

Ao mesmo tempo, o Goberno galego continúa a mellorar o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo coa recente creación da área de maxilofacial no Meixoeiro e a ampliación do hospital de día oncolóxico no Cunqueiro.

Para reforzar a atención á saúde mental, o Servizo Galego de Saúde creou a unidade de hospitalización infanto-xuvenil no hospital Álvaro Cunqueiro. Os orzamentos da Xunta xa reflicten a vontade de incrementar o seu número de camas, ademais de poñer en marcha unha rede de psicólogos clínicos en centros de saúde de toda Galicia.

Por outro lado, Gómez Caamaño explicou o novo modelo de contrato con Povisa, un centro que presta asistencia a 115.000 persoas en Vigo, cunha duración de dous anos e un investimento de 195 millóns. Con el, a Xunta pasa a pagar por prestación realizada, en lugar dunha tarifa plana por pacientes, e increméntanse os mecanismos de control por parte da Xunta para velar pola calidade asistencial. Ademais, realizaranse investimentos para mellorar o hospital e melloraranse as condicións laborais do seu persoal. Igualmente, optimízase a carteira de servizos para que os pacientes sempre poidan acceder aos mellores tratamentos independentemente de que elixiran Povisa ou Cunqueiro.

Solucións a nivel nacional

No encontro ducias de veciños de Vigo puideron formular as súas inquedanzas ante os responsables da sanidade pública.

O conselleiro de Sanidade sinalou como principal problema da sanidade pública a falta de profesionais en especialidades como medicina de familia ou pediatría. Por iso, o Servizo Galego de Saúde está a facer un especial esforzo na optimización dos recursos dispoñibles e reclámalle ao Ministerio de Sanidade que solucione un problema de nivel nacional. Algunhas propostas urxentes que a Xunta lle solicita ao Goberno central son axilizar a homologación de títulos de médicos estranxeiros e permitir ampliar a idade de xubilación ata os 72 anos de forma voluntaria.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 14/01/2025
864821 {"title":"A Xunta investirá en 2025 máis de mil millóns para que a asistencia sanitaria na área sanitaria de Vigo continúe a ser punteira","published_date":"2025-01-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/148102-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"864821"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-14/864821-xunta-investira-2025-mais-mil-millons-asistencia-sanitaria-na-area-sanitaria-vigo-continue-ser-punteira https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.