Medio Rural destina 3 M€ ás axudas de aconsellamento para beneficiar a máis de 3.500 explotacións galegas

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Así o recolle a resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia na que se resolven 34 expedientes de empresas asesoras
  • A finalidade desta iniciativa é a creación dun sistema que facilite xestionar e axilizar a carga burocrática e lexislativa aos axentes do sector
  • As entidades prestadoras de servizos teñen que estar inscritas no Resaxega e poden ser, entre outras, agrupacións de gandeiros, cooperativas ou organizacións agrarias
Imagen del artículo Medio Rural destina 3 M€ ás axudas de aconsellamento para beneficiar a máis de 3.500 explotacións galegas
Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2025

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, vén de destinar case tres millóns de euros para resolver 34 expedientes no marco das achegas de aconsellamento destinadas a entidades prestadoras de servizos de asesoramento, o que permitirá beneficiar a máis de 3.500 explotacións da nosa comunidade. Así o recolle a resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A finalidade desta iniciativa é a creación dun sistema que facilite xestionar e axilizar a carga burocrática e lexislativa aos axentes do sector. Neste sentido, as entidades prestadoras de servizos de asesoramento teñen que estar inscritas no Rexistro de Entidades con Servizo de Aconsellamento e Xestión en Galicia (Resaxega); como poden ser agrupacións de gandeiros, cooperativas ou organizacións agrarias, entre outras.

O prazo de xustificación destas achegas é do 1 ao 15 de setembro; mentres que o período dentro do cal deberán realizarse os gastos subvencionables comeza mañá, día seguinte á publicación desta orde no DOG, e finaliza o 31 de agosto.

As cuestións obxecto de asesoramento están vencelladas con requisitos legais de xestión, coas boas prácticas agrícolas e medioambientais (BCAM) ou coas prácticas beneficiosas para o clima e o ambiente. O sistema de aconsellamento ás explotacións agrarias está regulado polo Parlamento Europeo e forma parte do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (Pepac) 2023-2027, que pretende a evolución do sistema cara a servizos de apoio e innovación.

Así, as axudas contribuirán a mellorar a orientación do mercado e aumentar a competitividade das explotacións agrícolas a curto e longo prazo, especialmente no ámbito da investigación, a tecnoloxía e a dixitalización. Ademais, favorecen a adaptación ao cambio climático e a súa mitigación, grazas á redución dos gases de efecto invernadoiro e a captura de carbono. A maiores, impulsan a modernización das zonas agrícolas e rurais, incentivando prácticas sustentables por parte dos agricultores e gandeiros.

A porcentaxe da subvención é do 100% dos gastos subvencionables e o investimento máximo será de 800 euros, a excepción daquelas explotacións que empreguen o caderno dixital ou estean inscritas nas aplicacións Contaláctea ou Contacarne, que poderán optar ata un máximo de 1.000 euros de axudas. 

Anteriormente, a Xunta xa convocara esta liña de axudas.  Por primeira vez, no marco do PDR 2007-2013 e dirixidas concretamente a explotacións agrarias. Posteriormente, no PDR 2014-2020, os receptores das achegas pasaron a ser as entidades de aconsellamento.

Como consecuencia, e tendo en conta que son as entidades as que tiñan que xustificar os traballos de asesoramento, simplificouse a burocracia para as explotacións. No PDR 2014-2020 houbo convocatorias nos anos 2018 e 2022, cun orzamento total de 6,25 millóns de euros e que beneficiaron preto de 7.500 explotacións a través de 78 entidades.

Ligazón á orde no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250114/AnuncioG0426-201224-0001_gl.html

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 14/01/2025
863514 {"title":"Medio Rural destina 3 M€ ás axudas de aconsellamento para beneficiar a máis de 3.500 explotacións galegas","published_date":"2025-01-14","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"863514"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-14/863514-medio-rural-destina-3-m-as-axudas-aconsellamento-beneficiar-mais-3-500-explotacions-galegas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.