Medio Rural pon en valor a Central Agropecuaria de Galicia en Silleda como referente nacional do sector

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A conselleira María José Gómez asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que este é un dos oito mercados de gando que existen en España, dos cales tres están en Galicia (xunto con Amio e Castro de Ribeiras de Lea)
  • Lembrou que no ano 2024 houbo unha asistencia ao mercado de 53.732 animais, que supoñen un volume de transacción de máis de 39 millóns de euros e que a asistencia aumentou un 6,1% con respecto ao exercicio anterior, coa mellor cifra dende o 2009
  • Sinalou que Galicia ocupa unha posición de liderado no sector agrogandeiro, "froito do traballo e a profesionalidade dos nosos agricultores e gandeiros, co apoio da Xunta", a través de diversas liñas de axudas a produtores, distribución e industria
Imagen del artículo Medio Rural pon en valor a Central Agropecuaria de Galicia en Silleda como referente nacional do sector
Silleda (Pontevedra), 14 de xaneiro de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, puxo hoxe en valor a Central Agropecuaria de Galicia Abanca de Silleda como referente na comercialización do gando dentro da nosa comunidade e mesmo a nivel nacional. A conselleira, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que o de Silleda é un dos oito mercados de gando que existen en España, dos cales tres están en Galicia (os outros dous son os de Amio, en Santiago de Compostela, e Castro de Ribeiras de Lea, en Castro de Rei).

Nesta liña, Gómez puxo de relevo que a Central, xestionada pola Fundación Semana Verde, destaca tamén por levar a cabo a única poxa de gando bovino informatizada do país. Trátase, explicou, dun sistema de poxa pública con xestión informática, o que exclúe a presenza de intermediarios e facilita o proceso de compra.

Por iso, a conselleira engadiu que para Galicia "é toda unha honra poder contar con instalacións destas características, pioneiras en innovación e que nos achegan cifras que poñen de relevo a boa situación da que está a gozar o sector." Así, lembrou que no ano 2024 houbo unha asistencia ao mercado de 53.732 animais, que supoñen un volume de transacción de máis de 39 millóns de euros. Ademais, a asistencia aumentou un 6,1% con respecto ao exercicio anterior, acadando a mellor cifra dende o ano 2009.

Liderado de Galicia

Neste contexto, a titular de Medio Rural sinalou que Galicia ocupa unha posición de liderado no sector agrogandeiro, "froito do traballo e a profesionalidade dos nosos agricultores e gandeiros, co apoio da Xunta". Un apoio que concretou con medidas como as axudas da convocatoria de 2024 das achegas para plans de mellora de explotacións e para fomentar a remuda xeracional no agro, apoiando a incorporación de novos agricultores, cunha inxección de arredor de 45,9 millóns de euros.

Grazas a estes fondos, indicou a conselleira, propiciarase a mellora de 370 explotacións e apoiarase a incorporación de 320 mozos (menores de 40 anos) e de 133 novos agricultores (de 41 a 55 anos). Trátase pois, duns 800 expedientes en total. Nesta liña, Gómez trasladou que tamén se xestionan e axilizan as axudas da PAC e que, de feito, Galicia está a liderar os pagos das achegas directas co 83% do total aboado fronte ao 56% da media estatal. 

En parecidos termos, a conselleira subliñou o Plan para fomentar a remuda xeracional, que se sustentará na formación, a incorporación e a sensibilización para afianzar o futuro do rural galego e que, entre outras medias, contempla o Banco de explotacións, para propiciar o contacto entre titulares de explotacións que cesan ou van cesar a súa actividade e as persoas interesadas en asumir a súa xestión, mediante compra ou arrendamento.

Do mesmo xeito, a conselleira recordou que a Xunta apoia á distribución e á industria propiamente vinculada ao sector primario e, con respecto a esta última, desde 2016 o Goberno galego xestionou axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios cun orzamento conxunto de máis de 195 millóns de euros. Estas achegas subvencionaron investimentos por un importe total de máis de 628 millóns e permitiron o desenvolvemento de máis de 550 proxectos tractores para a nosa comunidade.

 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 14/01/2025
863509 {"title":"Medio Rural pon en valor a Central Agropecuaria de Galicia en Silleda como referente nacional do sector","published_date":"2025-01-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"863509"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-14/863509-medio-rural-pon-valor-central-agropecuaria-galicia-silleda-como-referente-nacional-do-sector https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.