A Xunta realiza labores de conservación nun tramo de 1,1 km do río Miñor ao seu paso por Gondomar
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As tarefas encargadas por Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de dúas semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa da canle fluvial

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2025
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, comezou a executar hoxe actuacións de conservación e mantemento nun tramo de 1,1 quilómetros do río Miñor, ao seu paso polo concello pontevedrés de Gondomar.
Concretamente, as tarefas levaranse a cabo nun tramo que discorre pola parroquia de San Bieito e está previsto que se prolonguen sobre o terreo durante aproximadamente dúas semanas. Os traballos consistirán na retirada de árbores caídas e biomasa acumuladas na canle e que obstaculizan a normal circulación das augas.
Os traballos, que xa foron comunicados ao Concello de Gondomar, realizaranse mediante a aplicación de ferramentas manuais, o uso de motoserras, podadoras e rozadoiras así como coa utilización de maquinaria de apoio: un tractor, un camión e unha minidumper.
Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico na Demarcación Galicia-Costa e nas súas zonas de acceso e protección, ao que destinará en 2025 un orzamento de 2,7 millóns de euros co obxectivo de intervir en arredor de 500 quilómetros de ríos.
O fin último deste tipo de traballos é mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais dos ecosistemas fluviais, actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, é dicir, fóra das tramas urbanas de responsabilidade municipal.