Xosé Merelles e Ana Méndez presencian o partido SD Compostela-CD Numancia patrocinado por Galicia Calidade
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2025
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, presenciaron este domingo o partido SD Compostela-CD Numancia, patrocinado por Galicia Calidade, que supón o inicio da segunda volta da liga 2024-2025.
Xosé Merelles valorou a importancia da cita entre o SD Compostela, que contabilizou varias xornadas sen perder a comezos da tempada, ante un dos favoritos como é o CD Numancia que compite polo ascenso directo de categoría. Galicia Calidade leva xa tres anos patrocinando a equipación de adestramento do equipo e nesta ocasión, tamén este partido, que espertou moita expectación entre a afección.