Medio Rural afianza a súa aposta pola conservación da contorna paisaxística da Ribeira Sacra cunha liña de axudas directas dotada con 2 M€

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Así o salientou a titular do departamento, María José Gómez, no acto de presentación destas achegas convocadas o pasado 30 de decembro
  • A partida vai dirixida a aquelas persoas viticultoras que estean inscritas na Denominación de Orixe Ribeira Sacra e que colaboran co seu labor a conservar a singularidade paisaxística característica desta zona
  • As medidas foron consensuadas coas asociacións profesionais agrarias e os sindicatos para poder responder do mellor xeito posible ás necesidades reais do sector
  • Esta partida forma parte dun amplo paquete de medidas executado para apoiar ao sector vitivinícola en xeral e a esta DO en particular, tendo en conta a súa contribución á economía da comunidade

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Sober (Lugo), 10 de xaneiro de 2025

A Consellería do Medio Rural está a afianzar o seu compromiso pola conservación da contorna paisaxística e a loita contra a erosión de viñedos na Ribeira Sacra cunha liña de axudas directas dotadas cun orzamento de dous millóns de euros. Así o salientou a titular deste departamento, María José Gómez, no acto de presentación que tivo lugar hoxe no concello lucense de Sober, no que tamén estivo presente a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez.

Gómez lembrou que esta partida, convocada o pasado 30 de decembro, foi consensuada coas asociacións profesionais agrarias e os sindicatos para poder responder do mellor xeito posible ás necesidades reais do sector. Neste sentido, agradeceu a colaboración dos concellos da zona durante todo o proceso. Ademais, recalcou que se trata dunha liña de axudas directas, co fin de facilitar ao máximo posible a súa tramitación.

Así, estas achegas van dirixidas a aquelas persoas viticultoras que estean inscritas na Denominación de Orixe Ribeira Sacra e que colaboran co seu labor a conservar a singularidade paisaxística característica desta zona; xa que contribúen a evitar a desaparición dos socalcos e o abandono de cultivos.

Polo tanto, tense en conta que o cultivo da vide contribúe á singularidade paisaxística da zona e que o sector vitivinícola é un motor económico fundamental para o territorio da Ribeira Sacra, unha área que ademais ten un atractivo turístico en crecemento, favorecido pola súa candidatura a Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

A contía individualizada destas axudas para cada beneficiario é, como máximo, de 2.000 euros por hectárea para o cultivo da vide en socalcos de pedra de forma non mecanizada e de 1.000 euros para o que se fai sen socalcos ou mediante traballo mecanizado. Neste sentido, a conselleira lembrou que non se concederán axudas superiores a 50.000 euros por persoa beneficiaria.

Seguindo esta liña, fixo referencia á "aposta" impulsada polo Goberno autonómico para "manter o noso territorio" e apoiar o sector vitivinícola en xeral e á Ribeira Sacra en particular, co deseño dun paquete de medidas conformado por diversas accións co obxectivo de preservar esta paisaxe e, ao mesmo tempo, velar polos intereses dos adegueiros que atopan nestas ladeiras o seu modo de vida.

Este paquete de medidas abordou tamén a situación actual de descenso de consumo de viño tinto a nivel internacional, que derivou en excedentes de viño en moitas achegas. Neste contexto, a Consellería do Medio Rural optou por executar unha partida orzamentaria con fondos propios para apoiar a destilación de crise nos viñedos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, co fin de equilibrar o mercado e facilitar que as bodegas puideran liberar capacidade para afrontar a colleita da vendima de 2024.

Divulgación das oportunidades da PAC e máis promoción

A ampliación da formación e divulgación das oportunidades que ofrece a Política Agraria Común (PAC) para os viticultores é outra das pancas de acción que contempla este paquete de medidas. Trátase de que os viticultores coñezan que dentro da PAC existen axudas que se adaptan ás necesidades desta zona no ecorrexime leñoso en terreos de pendente, que na actualidade só solicitan un 28% dos viticultores.

Préstamos para a recollida de uva

Dentro desta estratexia impulsada polo Goberno autonómico inclúense tamén a liña de axudas executada pola Consellería de Economía e Industria, concretamente a través do Igape, para que os adegueiros poidan acceder a préstamos de cara á recollida de uva. Na pasada convocatoria resolvéronse favorablemente 38 solicitudes, facilitándolle ás adegas acceso a créditos por un valor conxunto que supera os 17 millóns de euros, cun investimento final de 1,8 millóns de euros. Así, María José Gómez sinalou que se trata dun paquete de medidas "amplo e transversal" que pon de relevo a aposta levada a cabo polo Goberno autonómico neste eido. 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 10/01/2025
860696 {"title":"Medio Rural afianza a súa aposta pola conservación da contorna paisaxística da Ribeira Sacra cunha liña de axudas directas dotada con 2 M€","published_date":"2025-01-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/146755-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"860696"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-10/860696-medio-rural-afianza-sua-aposta-pola-conservacion-da-contorna-paisaxistica-da-ribeira-sacra-cunha-lina-axudas-directas-dotada-2-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.