A Xunta amplía unha liña de autobús do IES Eduardo Pondal de Ponteceso con 16 paradas en Malpica de Bergantiños
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Facilítase o acceso en transporte público ao alumnado de Malpica de Bergantiños matriculado nas ensinanzas non obrigatorias que se imparten no centro educativo
- A liña atenderá as persoas usuarias da contorna da vila de Malpica e das parroquias de Leiloio, Cambre, Cerqueda, Barizo e Mens
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2025
A Xunta activa desde o vindeiro luns, 13 de xaneiro, a ampliación dunha liña de autobús do IES Eduardo Pondal de Ponteceso que incorpora 16 paradas en Malpica de Bergantiños.
Coa prolongación da liña que conectaba o instituto co lugar de Cores, en Ponteceso, ata a parada das Rabuceiras, na parroquia malpicá de Leiloio, facilítase o acceso en transporte público ao alumnado de Malpica de Bergantiños que estuda as ensinanzas non obrigatorias que se imparten no centro educativo.
Así, o servizo amplía a súa cobertura territorial para atender os usuarios da contorna da vila de Malpica e das parroquias de Leiloio, Cambre, Cerqueda, Barizo e Mens. En concreto, a liña realizará no municipio as paradas de As Rabuceiras, A Trémoa, Cambre (igrexa), Loutoño, A Aldeola, Cerqueda, Vilarnovo, A Camuza, Malpica, Ventorrillo, Cancela de Areas, Seaia, Cruce Santo Adrián, Barizo, Porto do Fondo e Mens.
Coas melloras aprobadas refórzase a oferta de servizos entre Malpica de Bergantiños e Ponteceso nos horarios adaptados ás xornadas lectivas do centro, sen variar as horas de paso polas paradas da liña en Ponteceso, nas que hai escolares con reserva de praza.
A liña IES de Ponteceso-As Rabuceiras contará de luns a venres en tempada lectiva cun servizo que sairá cara ao instituto ás 08,00 horas e outro de volta ás 14, 10 horas. Os luns pola tarde ofrecerá servizos de ida e volta ás 15,45 horas e ás 18,05 horas.
A información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal e na aplicación para dispositivos móbiles Transporte Público de Galicia.