Sanidade aborda coa Asociación Galega de Afectados pola Silicose as necesidades das persoas afectadas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Concello do Porriño acolleu a xuntanza entre o conselleiro, o xerente do Servizo Galego de Saúde e os membros da Asociación OSILICE
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
O Porriño (Pontevedra), 9 de xaneiro de 2025
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, mantivo esta mañá no Concello do Porriño un encontro cos representantes da Asociación Galega de Afectados por Silicose (OSILICE), para escoitar as demandas das persoas afectadas por esta enfermidade.
Acompañado polo xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, e o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, ademais do alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, o máximo responsable da Sanidade galega apuntou que a Xunta de Galicia ten posto en marcha mecanismos específicos para a atención dos pacientes diagnosticados de silicose, especialmente, nas áreas sanitarias de Pontevedra-Salnés, na área sanitaria de Vigo, e na área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Entre outras medidas, e en colaboración coa asociación OSILICE, elaborou un procedemento de coordinación entre os servizos de atención primaria e o servizos de pneumoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro e, ademais, tamén reforzou a prestación asistencial coa incorporación dun pneumólogo-interconsultor que acode mensualmente aos centros de atención primaria, daquelas localidades con máis persoas afectadas.
O Servizo Galego de Saúde continúa a traballar co obxectivo de mellorar o diagnóstico, o tratamento e o seguimento dunha enfermidade que deriva da exposición e inhalación continúa de sílice e que afecta principalmente as dúas provincias do sur de Galicia.