A Xunta respalda ao Club de Remo da Pobra do Caramiñal e avalía as posibles vías de colaboración tras o incendio rexistrado nas súas instalacións
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro do Mar trasladou á entidade deportiva a proposta de colaboración con Portos de Galicia para a posta a disposición dunha nova nave a través dunha autorización administrativa de xeito inmediato
- O secretario xeral para o Deporte amosou a posibilidade de que o club poida optar a unha axuda extraordinaria para adquirir equipamento
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2025
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiron hoxe a representantes do Club de Remo da Pobra do Caramiñal, ao que trasladaron a proposta de colaboración entre a Xunta e a entidade logo do incendio rexistrado nas súas instalacións o pasado 5 de xaneiro.
O titular do Mar manifestou á directiva do club a posta a disposición da entidade dunha nova nave para uso de almacén e tarefas deportivas a través dunha autorización administrativa de xeito inmediato. Nesta liña, puxo en valor as xestións realizadas por Portos de Galicia que traballou nas últimas horas de xeito coordinado coa Secretaría Xeral de Deportes da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para procurar unha solución que ofrecer ao club o antes posible, co obxectivo de que os deportistas que desenvolven a súa actividade no porto da Pobra poidan retomar canto antes á normalidade, dispoñendo dunhas novas instalacións.
Así, representantes do Club acompañados de persoal de Portos de Galicia asistiron este mediodía a inspeccionar as naves dispoñibles e a previsión é que nos vindeiros días se proceda á tramitación da autorización coa maior celeridade.
Pola súa parte, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, trasladou aos directivos do club a disposición do departamento de Deportes en estudiar a posibilidade dunha axuda extraordinaria, dada a excepcionalidade da situación e o carácter singular de catástrofe con consecuencias irreversibles para o club e toda a canteira e o deporte base do pobo, co fin de que se poida adquirir o equipamento necesario para que a entidade deportiva poida saír ao mar.