A Xunta realiza labores de conservación en dous regos de Ames e Negreira que suman algo máis de 2,2 km
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 5 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2025
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, comezou a executar hoxe actuacións de conservación e mantemento en dous regos nos concellos de Ames e Negreira que suman algo máis de 2,2 quilómetros.
No Concello de Ames, as tarefas levarase a cabo nun tramo de máis de 1,3 quilómetros do rego da Pateleira ao seu paso pola parroquia de San Lourenzo de Agrón. No caso do municipio de Negreira, actuarase en preto de 900 metros do rego da Portela nas parroquias de Santa María de Portor e Santa Baia de Logrosa.
As actuacións consisten na retirada de árbores caídas e biomasa presente nas canles fluviais para evitar atoamentos así como en labores de roza puntual de arbustos no acceso ás canles
Os traballos, que xa foron comunicados aos concellos, prolongaranse durante aproximadamente cinco semanas e realizaranse mediante a aplicación de ferramentas manuais, o uso de motoserras e rozadoiras así como coa utilización de maquinaria de apoio como un tractor, un camión e unha carretilla de carga.
Unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo dependente do Executivo galego, estes tramos fluviais quedarán despexados, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías da demarcación Galicia-Costa e nas zonas de acceso e protección. Neste caso trátase ademais do mantemento de zonas catalogadas como de alto risco potencial significativo de inundación.
O fin último dos traballos é mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos, actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal.