A Xunta consegue desbloquear os proxectos para mitigar o problema da falta de aparcamentos en Lugo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O delegado territorial mantivo esta mañá unha xuntanza coa alcaldesa do municipio, na que esta rectificou da proposta que previamente presentara para a construción dun novo aparcamento en Fontiñas
  • Arias conseguiu o compromiso da rexedora de que autorizará os traballos para solucionar os problemas de drenaxe na contorna do aparcadoiro da Avenida de Breogán, un trámite polo que se levaba agardando dous meses

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Lugo, 8 de xaneiro de 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo esta mañá unha reunión coa alcaldesa de Lugo e persoal técnico das dúas administracións, convocada polo representante autonómico co ánimo de desbloquear proxectos que se atopan "en distintas fases de execución" e cos que se pretende "favorecer unha mobilidade sostible e mitigar o problema da falta de aparcamentos na cidade".

Na xuntanza analizouse a situación de tres proxectos en concreto: as posibilidades para a creación dun aparcamento na avenida de Fontiñas e a apertura dos aparcamentos dos institutos e do construído pola Xunta na Avenida de Breogán.

No tocante á construción dun aparcamento en Fontiñas, Arias reiteroulle á alcaldesa a "plena disposición" do Goberno galego a colaborar neste proxecto, se ben trasladoulle que a proposta inicial presentada polo Concello -que plantexaba ubicar o aparcamento nunha parcela que linda coas rúas Rof Codina, Illa da Toxa e Xoan Rico Pérez- "non resolve en absoluto os problemas dos veciños e veciñas de Fontiñas e demais usuarios desa vía". A rexedora rectificou da súa proposta e na reunión plantexáronse xa outras posibles localizacións na contorna da propia avenida. "A Xunta acometará integramente a construción deste aparcamento e por iso analizaremos a fondo as distintas propostas e falaremos tamén cos veciños para ver cal é a alternativa que ofrece a resposta máis eficaz ás súas necesidades", explicou o delegado.

Nun segundo punto, abordouse a apertura ao público dos aparcamentos dos institutos, en horarios compatibles coa actividade lectiva. A Xunta abrirá en primeiro lugar o aparcadoiro do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, un trámite para o que é necesario que se convoque previamente a Xunta local de seguridade co fin de asinar un convenio entre as Administracións que permita definir as responsabilidades e competencias que asume cada parte en cuestións como, por exemplo, a retirada de vehículos dentro do espazo. "A alcaldesa comprometeuse a convocar canto antes a xunta local de seguridade, así que agardamos que sexa así para poder abrir o aparcamento do instituto á maior brevidade posible, coa seguridade xurídica necesaria", dixo Arias.

Lembrou ademais a vontade do Goberno galego de abrir tamén o aparcamento do IES Lucus Augusti pero explicou que neste caso haberá que agardar a que as obras de rehabilitación integral que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional está a executar no centro, cun investimento de 3,3 millóns de euros, permitan usar o espazo do aparcamento e facelo en condicións de seguridade.

Por último, a xuntanza de hoxe serviu tamén para avanzar na apertura do aparcamento disuasorio construído pola Xunta na Avenida de Breogán, e que suporá poñer a disposición da cidade 148 novas prazas. O delegado territorial conseguiu o compromiso da alcaldesa de que se axilizará a concesión da autorización necesaria para que a Xunta poida actuar dentro do dominio público municipal e realizar así as obras que dean solución aos problemas de drenaxe de auga que xa existían previamente na contorna do aparcadoiro, afectando principalmente na rúa Monte Pena Rubia.

Arias amosou a satisfacción por avanzar neste asunto e lembrou que a Xunta leva "uns dous meses" agardando pola licenza para poder realizar os traballos, "unha obra menor que a Xunta decidiu asumir co fin de axilizar a apertura do aparcamento, malia ser un problema de competencia municipal que existía con anterioridade á súa construción e que ademais está fóra da zona na que se actuou". Así mesmo, instou á alcaldesa a realizar unha actuación integral noutras zonas máis altas do barrio para mellorar definitivamente os problemas que se poñen de manifesto cando se rexistran choivas intensas.

O delegado territorial confía en que a reunión sirva realmente para "avanzar por fin nestes tres proxectos dentro da lealdade e a colaboración institucional, porque entendemos que urxe sacalos adiante para avanzar nun modelo de mobilidade sostible e dotar á cidade de necesarias prazas de aparcamento para o beneficio do conxunto dos veciños".

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 08/01/2025
858231 {"title":"A Xunta consegue desbloquear os proxectos para mitigar o problema da falta de aparcamentos en Lugo","published_date":"2025-01-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/145280-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"858231"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-08/858231-xunta-consegue-desbloquear-os-proxectos-mitigar-problema-da-falta-aparcamentos-lugo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.