A Xunta convoca axudas para actuacións de conservación e mellora das árbores e formacións senlleiras de Galicia cun orzamento de 90.000 €
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Este financiamento pode cubrir ata o 100% do custo da actuación, cun límite de 4.500 € por árbore e de ata 8.000 € se é unha formación
- Na actualidade, forman parte do Catálogo un total de 202 elementos —155 exemplares e 47 formacións arbóreas— pertencentes a 84 especies diferentes

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2025
A Xunta publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia unha nova convocatoria de axudas para actuacións de mellora, conservación e divulgación das árbores e formacións senlleiras da Comunidade cun orzamento de 90.000 euros.
Son dúas liñas de axudas, das que unha está dirixida a concellos ou agrupacións locais que sexan titulares dalgún destes elementos, dotada con 30.000 euros; e a outra, a persoas físicas ou xurídicas propietarias dunha árbore ou formación senlleira, cun orzamento de 60.000 euros. Estas axudas poden chegar a cubrir ata o 100% do custo da actuación, cun límite de 4.500 euros por árbore e de ata 8.000 euros cando se trate dunha formación.
Entre as intervencións subvencionables cómpre salientar a realización de podas, formación e control da copa, a aplicación de tratamentos fitosanitarios, accións encamiñadas á conservación e mellora do entorno dos elementos catalogados, actuacións de divulgación e sinalización, e a realización de estudos.
O catálogo galego de árbores senlleiras é unha ferramenta aberta e en constante actualización, podendo propoñer a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións, os centros de investigación ou asociacións e aquelas entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza.
De feito, desde a aprobación do seu regulamento no ano 2007, foi obxecto xa de diversas revisións e periodicamente sométense a información pública novas propostas para valorar a posible incorporación de exemplares con valores salientables.
Na actualidade, forman parte do Catálogo un total de 202 elementos —155 exemplares e 47 formacións arbóreas— pertencentes a 84 especies diferentes e coa seguinte distribución por provincias:
PROVINCIA | ÁRBORES | FORMACIÓNS | TOTAL |
A Coruña | 43 | 14 | 57 |
Lugo | 35 | 7 | 42 |
Ourense | 22 | 6 | 28 |
Pontevedra | 55 | 20 | 75 |
Total | 155 | 47 | 202 |