A conselleira do Medio Rural destaca a riqueza e o dinamismo do noso agro na visita á maior granxa de porco celta de Galicia no concello lucense do Incio

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • María José Gómez felicitou os promotores da Ecogranxa Teijeiro por aproveitar os recursos endóxenos do rural e por potenciar unha raza autóctona como é o porco celta
  • Sinalou que, ademais de apostar pola gandaría en extensivo e pola gastronomía, esta Ecogranxa fomenta o aproveitamento do medio natural con actividades lúdicas, deportivas e culturais
  • Puxo en valor o compromiso da Xunta coa gandaría galega en xeral e coas razas autóctonas en particular, que se manifesta cunha orde de axudas, actualmente aberta, para fomentar estas razas por importe de 220.000 euros

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

O Incio (Lugo), 7 de xaneiro de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou hoxe "a riqueza e o dinamismo" do agro galego, que se pon de manifesto con iniciativas como a Ecogranxa Teijeiro, a maior explotación de porco celta das inscritas na asociación sectorial Asoporcel e situada no concello lucense do Incio.

A conselleira, acompañada polo alcalde da localidade, Héctor Corujo, e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe estas instalacións e trasladou os seus parabéns aos promotores dun proxecto que, destacou, permite aproveitar os recursos endóxenos do rural "coa virtude de potenciar unha raza autóctona de Galicia, a de porco celta, para xerar arredor dela toda unha experiencia". Así, sinalou que, ademais de apostar pola gandaría en extensivo e pola gastronomía, esta Ecogranxa fomenta o aproveitamento do medio natural con actividades lúdicas, deportivas e culturais.

Nesta mesma liña, Gómez puxo en valor a recuperación de terras realizada a través desta iniciativa, xa que os seus impulsores foron quen de unificar preto de 30 parcelas de propietarios espallados por ata tres continentes para conformar unha explotación de 20 hectáreas de superficie, a de maior extensión de Galicia.

Dinamización do rural

Neste sentido, a conselleira indicou tamén que este tipo de proxectos fomenta a dinamización do rural e a fixación de poboación, sen descoidar a modernización e a innovación, xa que a granxa conta con tecnoloxía avanzada, como é o seu sistema de recollida de xurros.

"Este é o rural que queremos e polo que apostamos dende a Xunta", engadiu Gómez, quen puxo de relevo o apoio do Goberno galego ao fomento das razas autóctonas gandeiras da nosa comunidade, cunha convocatoria de axudas que se vén de abrir para este ano 2025, dotada con 220.000 euros. Lembrou ademais que o prazo para acollerse a estas subvencións está aberto ao longo de todo este mes. Son achegas que -concluíu a conselleira- "forman parte do noso intenso traballo e compromiso por un rural vivo, dinámico e con futuro".

Neste contexto, a conselleira destacou que precisamente o titular da Ecogranxa beneficiouse dunhas axudas de Medio Rural para incorporación ao agro e para mellora de explotación por importe de preto de 125.000 euros.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 07/01/2025
857154 {"title":"A conselleira do Medio Rural destaca a riqueza e o dinamismo do noso agro na visita á maior granxa de porco celta de Galicia no concello lucense do Incio","published_date":"2025-01-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/146544-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"857154"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-07/857154-conselleira-do-medio-rural-destaca-riqueza-e-dinamismo-do-noso-agro-na-visita-maior-granxa-porco-celta-galicia-concello-lucense-do-incio https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.