A Xunta formaliza o contrato para executar as obras da plataforma flotante do Parrote, na Coruña
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Esta intervención singular foi adxudica por 2,5M€ e será executada pola Xunta en colaboración coa Autoridade Portuaria da Coruña, co obxectivo de habilitar unha zona de baño segura neste emblemático espazo da cidade
- A actuación fortalecerá a relación da cidade co mar e forma parte do proxecto Coruña Marítima
- A Xunta prevé iniciar a obra ao longo do mes de febreiro, para poder tela lista no verán
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 6 de xaneiro de 2025
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de formalizar o contrato para a execución das obras da instalación da estrutura flotante do Parrote, na Coruña.
Esta intervención, adxudicada por un importe de 2.505.305 euros á empresa Construcciones López Cao, S.L., será executada pola Xunta en colaboración coa Autoridade Portuaria da Coruña, e permitirá habilitar unha zona de baño segura neste emblemático espazo da cidade.
Trátase de que a cidade recupere con esta instalación unha histórica zona de baño, que permitirá fortalecer a relación da cidade co mar, a través dun proxecto singular que forma parte da Coruña Marítima.
A sinatura do contrato posibilitará realizar este mesmo mes de xaneiro os traballos preparatorios da obra, coa previsión de poder comezar a execución das obras ao longo do mes de febreiro. Os traballos contan cun prazo de execución de 8 meses, sendo o obxectivo que a instalación poida estar lista neste vindeiro verán.
En concreto, a través da actuación contratada, habilitarase unha zona de baño, con gradas, espazos de descanso e pasarela accesible. O deseño da infraestrutura, moderna, novidosa e accesible, permitirá o desenvolvemento doutras actividades de recreo náuticas e na que se habilitarán dúas piscinas, unha delas aberta ao mar.