López Campos amosa o compromiso da Xunta co patrimonio e infraestruturas culturais de Boqueixón
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Boqueixón (A Coruña), 2 de xaneiro de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, amosou hoxe o "total compromiso" da Xunta de Galicia co patrimonio cultural do concello coruñés de Boqueixón e tamén coa mellora das súas infraestruturas culturais . Fíxoo na visita que realizou esta mañá á contorna do Pico Sacro, "un referente cultural e natural", salientou con respecto a esta paraxe para a que se ten solicitada a declaración de Ben de Interese Cultural.
O representante de Cultura do Goberno galego tamén se desprazou a varios centros socioculturais deste concello, sobre os que puxo en valor o "importante papel que desenvolven para dinamizar non só a vida cultural, senón tamén social das zonas rurais". Precisamente, incidiu no compromiso da Xunta "de facilitar que a actividade cultural estea ao alcance de todos os galegos e galegas, sexa cal sexa o seu lugar de residencia", en liña cos obxectivos da recente Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia. Neste senso, lembrou que se encadra tamén no plan do Goberno galego para modernizar estas infraestruturas en todo o territorio da Comunidade e na futura Rede Adival de Dinamización do Rural.