A Xunta remata as obras para estender a rede de saneamento en varias parroquias de Coirós cun investimento de máis de 850.000 euros
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As actuacións, cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, consistiron na execución de 16 novos treitos de colector que suman preto de cinco quilómetros e a construción de 135 pozos de formigón

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2025
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, concluíu recentemente as obras para estender a rede de saneamento de augas residuais a varias parroquias do concello coruñés de Coirós, cun investimento de máis de 850.000 euros.
As actuacións -cofinanciadas pola Unión Europea no marco do eixo React do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) Galicia 2014-2020- desenvolvéronse no marco do convenio de colaboración asinado entre Augas de Galicia e o Concello de Coirós para atender as necesidades de extensión do servizo de saneamento nas parroquias de Agra-Figueiras, Colantres e o lugar de Queirís.
Os traballos consistiron na execución de 16 novos treitos de colector que permiten estender a rede. En concreto, no caso das parroquias de Agra-Figueiras e Queirís as novas instalacións conectan coa rede existente mentres que en Colantres as novas infraestruturas finalizan na estación depuradora de augas residuais (EDAR).
A ampliación da rede de saneamento na zona dá servizo a algo máis de 500 habitantes, para o que se instalaron arredor de 4.800 metros de colectores, se construíron 135 pozos de formigón e se realizou unha impulsión duns 200 metros de alta densidade.
O financiamento europeo enmárcase nos fondos en resposta á pandemia da Covid-19 co fin de contribuír a unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía a través de actuacións de mellora da eficiencia dos sistemas de saneamento e depuración.