A Xunta convoca en xaneiro e marzo os actos expropiatorios para a mellora da drenaxe das estradas autonómicas PO-550 e PO-504 en Meaño e Sanxenxo
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
- A intervención conta cun investimento de 465.000 euros, sendo o obxectivo resolver os problemas detectados na interconexión entre as redes de pluviais e fecais destas dúas vías autonómicas nos estudos do Plan de Saneamento local na ría de Arousa
- O acto para o levantamento de actas previas terán lugar o vindeiro día 20 de xaneiro e a formalización das actas de ocupación o día 3 de marzo na Casa do Concello de Sanxenxo
- A Xunta prevé executar os traballos ao longo do 2025
- O proxecto inclúe a continuidade do itinerario peonil na marxe esquerda da PO-504 en Sanxenxo, completando as accións xa executadas de mellora da seguridade viaria
Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2025
A Xunta vén de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da convocatoria dos actos expropiatorios para executar as obras de mellora da drenaxe das estradas PO-550 e PO-504 en Meaño e en Sanxenxo.
A intervención, que suporán un investimento de 465.000 euros, ten como obxectivo resolver os problemas detectados na interconexión entre as redes de pluviais e fecais destas dúas vías autonómicas nos estudos do Plan de Saneamento local na ría de Arousa.
Concretamente, os actos para o levantamento das actas previas á ocupación están convocados para o vindeiro día 20 de xaneiro, das 09,00 ás 09,30 horas, na Casa do Concello da Sanxenxo. A formalización das actas de ocupación levarase a cabo o día 3 de marzo, no mesmo horario e no mesmo lugar.
A Xunta ten como obxectivo poder iniciar os traballos o vindeiro ano. A actuación ten un prazo de execución de 12 meses.
O proxecto obxecto desta actuación deseñada pola Xunta, coordinado entre as consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través de Augas de Galicia e a Axencia Galega de Infraestruturas, respectivamente, terá consecuencias positivas tanto para estas dúas vías autonómicas como para a calidade das augas da ría de Arousa, trátase de resolver os problemas identificados nestas estradas pola entidade hidráulica da Xunta, no marco dos estudos do Plan de saneamento local nesta ría.
Deste xeito, desenvolveranse as obras precisas para que a rede de drenaxe das estradas PO-550 e PO-504 funcione de xeito independente da rede de saneamento na súa zona de proximidade á ría de Arousa. En concreto, identificáronse 10 puntos problemáticos, dous na PO-504 no seu tramo máis próximo á PO-550, e os outros 8 na propia PO-550.
Ademais, este proxecto, aprobado no Consello da Xunta este pasado 11 de novembro, tamén se dará continuidade ás distintas intervencións realizadas o pasado ano de mellora da seguridade viaria e peonil da PO-504, vía de 4,46 km que vertebra de norte a sur o concello de Sanxenxo, ás que se destinaron un investimento de máis de 1 M€.
Neste caso, trátase de completar a mellora da accesibilidade peonil no itinerario desta vía autonómica, que ten unha interrupción, entre os puntos quilométricos 4+260 e 4+340. Deste xeito, neste treito proponse a execución de beirarrúa na marxe esquerda da estrada permitindo a conexión entre o tramo anterior e posterior da mesma vía e mellorar a seguridade peonil.
Documentos descargables
- No hay ficheros adjuntos