A Xunta levará a Baiona no verán a mostra itinerante da Cidade da Cultura sobre o Camiño Portugués
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- López Campos destaca que as terras do Baixo Miño teñen un "especial protagonismo" nesta exposición con imaxes desta ruta de 35 fotógrafos de ambos dous lados da Raia
- O responsable de Cultura do Goberno galego salienta o "grande éxito" nas anteriores exhibicións nas cidades de Santiago, Vigo e Tui "con máis de 32.000 visitantes"
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Baiona (Pontevedra), 26 de decembro 2024
A Xunta levará no verán a Baiona a exposición O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e terra da Cidade da Cultura, que recompila imaxes desta Ruta Xacobea, a través da ollada de 35 fotógrafos de ambos dous lados da Raia. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, na visita que realizou á Biblioteca municipal deste concello pontevedrés, onde salientou o "grande éxito" rexistrado pola mostra "con máis de 32.000 visitantes" durante a súa itinerancia ao longo destes dos últimos anos desde o Museo Centro Gaiás, en Santiago de Compostela, ao Museo do Mar de Galicia, en Vigo ata á Sala de Exposicións do Edificio Francisco Sánchez, en Tui.
O responsable de Cultura do Goberno galego lembrou que esta exposición está enmarcada no Plan de Itinerancias da Cidade da Cultura "para expandir a programación do Museo Centro Gaiás por de toda Galicia" e fixo fincapé no "especial protagonismo" nesta mostra das terras do Baixo Miño.
71 instantáneas da paisaxe e patrimonio entre Porto e Santiago
O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e terra amosa, a través de 71 instantáneas dos séculos XIX, XX e XXI, as realidades, paisaxes e patrimonio da ruta xacobea que unen as cidades do Porto e Santiago de Compostela. Con esta finalidade recolle, entre outras, fotografías históricas tiradas no primeiro terzo do século XX por Pacheco, José R. Seco, José Moreira ou o fotógrafo alemán Otto Wunderlich, quen retratou a vida, as xentes e as paisaxes da España dos anos 20.
A estas imaxes súmanse olladas antigas e contemporáneas da bisbarra e dos pobos lindeiros da fronteira portuguesa, como as que achegan José Gouveia Gomes Junior, Roberto de la Torre, Carmenchu Alemán, Antón Buciños, José Suárez ou Modesto Martínez, entre outros.